Cervo, 1 de xuño de 2018.- O Centro de Emprendemento do Conxunto Histórico de Sargadelos acollerá a súa primeira actividade o vindeiro sábado, 9 de xuño.
Trátase dunha xornada práctica que se vai desenvolver nas instalacións que foron adxudicadas semanas atrás á entidade Cabaliño de Pao. Espazo Natural, creada por un grupo de mozos amantes do mundo equino.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Emprego, Manuela Méndez, mantiveron un encontro cun dos responsables de Cabaliño de Pao, Raúl Fraga, coa directora de Aspanane, Elena Santos e cola Psicóloga desta entidade, Alicia Lage, para perfilar o evento.
En concreto neste recinto, que están rematando xa de adecuar para a realización de actividades de lecer con cabalos para toda clase de público e para a aplicación de distintas disciplinas de Equinoterapia para aquelas persoas con algún tipo de diversidade funcional, celebrarase unha sesión práctica deste método, que terá aforo limitado; e que será impartido en horario de 10:00 a 11:00 horas, o primeiro grupo, e de 11:30 a 12:30 horas, o segundo grupo, por profesionais da asociación Al Paso, que conta cun equipo multidisciplinar do ámbito sociosanitario e expertos en equitación terapéutica pola Universidade Complutense de Madrid.
Con esta actividade preténdese axudar a persoas a través dos beneficios que aportan os cabalos a nivel motor, psicololóxico, educativo e social.
Así mesmo, ese día tamén se inaugurará unha mostra na Sala de Exposicións de Sargadelos na que se darán a coñecer os traballos e obras realizados polas persoas usuarias dos talleres prelaborais do Centro Ocupacional de Aspanane, correspondentes ao Taller de Madeira, Taller de Cerámica e Taller de Serigrafía.
As xornadas sobre Recursos para a Práctica Clínica na Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, arrincarán xa o venres, 8 de xuño, no salón de actos do Hospital da Costa de Burela; a inauguración está prevista para as 9:30 horas, e durante toda a xornada sucederanse diferentes ponencias e mesas redondas da man de profesionais da rama psiquiátrico-sanitaria.
As xornadas, con aforo limitado, están dirixidas a profesionais do ámbito sanitario e dos servizos sociais, a estudantes de disciplinas como Traballo Social, psicoloxía, terapia ocupacional, enfermería, medicina…; e a persoas interesadas en xeral que se poden inscribir gratuitamente na web www.fademga.org.
O rexedor, Alfonso Villares, sinalou que “este é un momento moi agardado por todos, porque imos ver como o Centro de Emprendemento de Sargadelos se enche de vida, da man dunha actividade, ademais, que pode resultar de gran utilidade para o desenvolvemento persoal de todas aquelas persoas que desexen asistir”. É o punto de partida –engadiu- “que servirá para impulsar a actividade que se vai desenvolver xa deste este verán no Conxunto Histórico da man destas persoas emprendedoras con ideas novidosas, moitas ganas e ilusión por desenvolver o seu proxecto, e que contarán con todo o noso apoio”,
En concreto no novo Centro haberá, inicialmente, un centro ecuestre e de terapia, un negocio da rama da artesanía e un terceiro da rama da alimentación artesanal.
Méndez, pola súa banda, recordou que a día de hoxe quedan desertos 3 locais aos que pode optar calquera persoa que desexe desenvolver a súa actividade nesta contorna facendo fronte a un aluguer duns 20 euros ao mes “sempre que dean cumprimento a uns requisitos que son moi accesibles”.
Recordou, así mesmo, que os espazos poderán ser destinados a calquera actividade comercial relacionada co sector artesanal que segue a ter prioridade; pero tamén cos produtos ecolóxicos, co sector turístico, coa hostalaría, co sector educativo, terapéutico ou con calquera outra actividade relativa ao sector terciario.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



