Xove 20-6-18. Dentro do amplo programa de actividades programadas polo Concello para este verán, “Xove Concilia Verán“ vai ser o primeiro que bote a andar. Ata o momento están inscritos 57 nenos/as de 4º de Infantil ata 4º de Primaria, número que se agarda incrementar ata o 22 de xuño, día no que remata a inscrición.
Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, vai arrancar o luns 25 de xuño con todo tipo de actividades; estas vanse realizar no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os mellores días de bo tempo.
A posta en marcha deste Programa incide na integración da vida laboral e escolar, aproveitando que os nenos/as que participan están en período vacacional. Concilia Xove, nace para cubrir as necesidades por parte das familias de ter un servizo do Concello para conciliar a vida familiar e laboral.
As actividades van ser realizadas e dirixidas pola empresa Lucus Neda, empresa de ocio lúdicodeportivo e educativo que conta cunha ampla experiencia.
Actividades que se van a realizar dentro de “Xove Concilia Verán”:
En busca das Reliquias Perdidas! Unha misteriosa investigadora nos deixa unha carta e un maletin cunha serie de aparellos e pistas. Resulta que no campamento se agochan unhas reliquias moi valiosas e nos propón axudarlle xa que para atopalas precisa un mapa. Os trozos do mapa están protexidos por unha serie de retos e desafíos… Seremos quen de superalos? Cada semana os rapaces e rapazas terán unha carta e contarán con toda a semana para superala proba e asi obter un trozo de mapa!
Deberás pasar probas e Ximkanas de Habilidade
Educación da natureza: Encontra o mapa e sigue o Rastro e as pegadas
CazaRecompensas: utilizando “GeoCaching” Localizaremos as reliquias e os obxectos escondidos perdidos
ArteTerapy: Deixa voar a túa imaxinación! Tanta maquinita nos limita a creatividade, vamos a fomentar a libre expresión…
Cada día, a primeira hora haberá manualidades simples para os nenos e nenas mais imaxinativos!
Manualidades e formas de expresarse a través do arte. Cada día fomentamos a expresión e creatividade
PequeCiencia e MiniCheff:
Recetas variadas e concursos MasterCheff .
Experimentos de ciencia sobre fenómenos científicos e físicos.
Recetas Variadas dulces y saladas.
Festa Musical: A libre expresión e a motricidade a través da música! O último dia nos despediremos a ritmo de música e xogos moi movidos!
Horario Rutinas de cómo se van desenvolver estas actividades:
1ºHora: Ti elixes: Varias actividades para escoller por estacións: xogo libre, xoguetes, música, manualidades simples. etc. Os nenos e nenas precisan certa liberdade para elixir.
2ºHora: : Actividade Creativa: Arterapy, pequeciencia o minicheff DESCANSO
3ºHora: Actividade de Movimiento y Aventura. Descobre o misterio do campamento e resolve o 1º reto: Resolución de acertixos e probas de lóxica para a primeira parte do mapa.
4ºHora: Asamblea+xogos de coñecemento: A opinión e o benestar dos rapaces e rapazas e importante.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



