Xove, 1 de xuño de 2.018. Este venres 1 de xuño, ás 12:20 horas no Colexio Pedro Caselles Rollán, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín fixeron entrega dos Premios (lote de material didáctico e diploma acreditativo) do Concurso Letras galegas 2018, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove da Concellería de Cultura para tódolos nenos/as e rapaces/as do Concello, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.
Dentro da Convocatoria realizáronse dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese por unha banda un apoio á língua galega, e por outra estimular á xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso puideron optar libremente por:
-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
-Escribir un relato ou conto: de tema libre.
-Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Carlos Casares.
No Concurso Literario puideron participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:
-Realizar un debuxo: de tema e composición libres.
-Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Dª María Victoria Moreno.
Os/as premiados/as nas distintas categorías, foron:
6º EDUCACIÓN INFANTIL :
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 25). ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ.
2º PREMIO : (Nº 20). ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA.
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
CONCURSO LITERARIO
1º PREMIO : (Nº 13). PAULA SÁNCHEZ PERNAS
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 12) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
2º PREMIO : (Nº 24) OLIVA REGA QUELLE.
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
CONCURSO LITERARIO
1º PREMIO : (Nº 43) JULIA ÁLVAREZ LOZANO.
2º PREMIO : (Nº 14) ELSA GARCÍA LÓPEZ.
3º PREMIO: (Nº 3 ) YOEL LÓPEZ GONZÁLEZ.
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 34) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ.
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
CONCURSO LITERARIO
1º PREMIO : (Nº 2) CHRISTIAN VILLARQUIDE LATAS.
2º PREMIO : (Nº 10) BERTA BARRO ÁLVAREZ.
3º PREMIO: (Nº 38) ANDREA EIJO RODRÍGUEZ.
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 39) ANDREA EIJO RODRÍGUEZ.
2º PREMIO : (Nº 5) UXIA GRADAILLE DURÁN.
3º PREMIO: (Nº 1) CHRISTIAN VILLARQUIDE LATAS.
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 47) VANIA MARTÍNEZ CORDIDO.
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 16) ENMA BUJÁN ROUCO.
2º PREMIO : (Nº 28) CARLA MARIÑO OTERO.
3º PREMIO: (Nº 21) DANIEL BÉRTOLO CASABELLA.
CONCURSO LITERARIO
1º PREMIO : (Nº 15) ENMA BUJÁN ROUCO.
2º PREMIO : (Nº 27) CARLA MARIÑO OTERO.
6º EDUCACIÓN PRIMARIA
CONCURSO LITERARIO
1º PREMIO : (Nº 9) EMILIA BARRO ÁLVAREZ
CONCURSO “LETRAS GALEGAS” 2017
TRABALLOS PREMIADOS NO IES “ILLA DE SARÓN”
1º ESO
CONCURSO LITERARIO
1º PREMIO : (Nº 46) SAMARA MARTÍNEZ CORDIDO.
2º PREMIO : (Nº 42) JOEL MÍGUEZ CASTELLO.
3º PREMIO: (Nº 31) CARLOTA LÓPEZ SENTANDREU.
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 7) IKER COSTA GONZÁLEZ E (32) CARLOTA LÓPEZ SENTANDREU.
2º PREMIO : (Nº 40) JOEL MÍGUEZ CASTELO.
3º PREMIO: (Nº 45) SAMARA MARTÍNEZ CORDIDO.
3º ESO
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 33) XEROME LÓPEZ SENTANDREU.
4º ESO
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 26) DIÓGENES VICTOR DOS REIS.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



