Foz, 31 de maio de 2018. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anuncia este xoves, é un día importante para o Concello porque se debaterán no pleno da corporación os orzamentos municipais para este 2018. O rexedor advirte que se non se aproban non se poderá abrir a residencia de maiores nin facer moitos investimentos programados e significará bloquear o labor do goberno e ir en contra dos intereses de todos os focenses.
Javier Castiñeira di que “hoxe, xoves, é un día importante porque se debaten os orzamentos municipais deste ano 2018. Hoxe é un día importante porque veremos que concelleiros e que grupos están a favor do progreso de Foz e que concelleiros e que grupos están en contra dos intereses de todos os focenses e están única e exclusivamente pensando nos intereses políticos e electoralistas dos seus partidos e dos seus candidatos”.
O alcalde engade que “hoxe seremos testemuñas de que os que votan en contra dos orzamentos van votar en contra do plan de emprego, onde máis de 20 persoas están esperando para poder traballar tres ou seis meses en diferentes actividades necesarias e que nos axudarán a sacar o verán adiante. Votar en contra dos orzamentos é votar en contra tamén do Plan Verán: varios investimentos en servizos e contratacións para dinamizar o noso verán; en contra das festas, que será imposible facelas todas se non existe partida orzamentaria para elo. Tamén é ir en contra de mellorar os servizos durante o verán, de mellorar a limpeza, de suplementar os servizos de recollida de residuos e demais; e, por suposto, é ir en contra dos intereses dos nosos empresarios e da marca turística de Foz”.
Javier Castiñeira subliña que “votar en contra dos orzamentos é atacar directamente aos intereses do Concello de forma totalmente irresponsable porque significa tirar por terra todo o traballo económico feito durante estes últimos anos e hipotecar o futuro próximo. Supón ademais hipotecar a saída para a residencia de maiores; os que voten en contra son responsables de que non se poida abrir a residencia e de que peche o asilo sen ningunha solución por parte do Concello, como xa o vimos apercibindo durante varios días”.
O rexedor focense advirte que “votar en contra dos orzamentos impide investimentos como na Escola de Música, que están comprometidas coa comisión de seguimento dese centro. Impide tamén cumprir con subvencións solicitadas a outras administracións, como pode ser por exemplo o miradoiro da Frouxeira ou o propio plan Único, onde hai máis de 400.000 euros xa dispostos. Votar en contra dos orzamentos supón non construír a nova canceira, coa que estamos comprometidos coa asociación protectora de animais, e non urbanizar a rúa da Cruz, unha saída importante agora mesmo do pobo que temos avanzada pero para a que hai investimentos comprometidos dentro dos orzamentos”.
Castiñeira asegura tamén que “votar en contra dos orzamentos é votar directamente en contra dos intereses de Foz, igual que se fixo no asunto de Gestagua, o que nos ocasionou perder 1,5 millóns de euros, ou no pago a provedores. Significa literalmente bloquear o labor de goberno e ir en contra dos intereses de todos os focenses, simplemente por intereses políticos e electoralistas. Señores do no, non teñan a tentación de votar en contra dos orzamentos do 2018 porque están directamente votando en contra dos veciños de Foz”.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



