Mondoñedo, 30 de xuño de 2018.- O Concello de Mondoñedo inaugura mañá a tempada estival de apertura das piscinas municipais, en cuxas infraestruturas o Goberno local realizou actuacións de mantemento e mellora nos últimos meses, como son a renovación dunha meirande parte das plaquetas ou o cambio das rejillas das piscinas. O edil de deportes, Manuel Tapia Rivera, informa de que o horario de apertura será de 12.00 a 20.00 horas, ata o próximo 31 de agosto.
A inauguración iníciase cunha xornada para os máis pequenos da casa que xa sexan socios, xa que durante mañá domingo, entre 12.00 e 13.30 horas poderán desfrutar de xogos en contacto cos instalacións, preparados polos monitores das escolas deportivas de acordo ás distintas idades.
Cursos natación
Manuel Tapia tamén explica que dende a Delegación de Deportes xa se están a preparar os cursos de natación, onde xa se inscribiron un número importante de asistentes. Este ano, inclúen como novidade un grupo de xogos para os máis pequenos. Ademais, dende a Delegación de Deportes abriranse novos grupos de natación, de xuntarse máis xente que desexe asistir.
Os horarios dos cursos de natación son os seguintes:
Iniciación pequenos: luns, mércores e venres de 12.00 a 12.45 horas.
Perfeccionamento pequenos (nivel 1): luns, mércores e venres de 13.00 a 13.45 horas
Iniciación adultos: luns, mércores e venres de 14.00 a 14.45 horas
Xogos de nenos pequenos de 4 ou 5 anos (se fai mal tempo fan os xogos fóra): martes, xoves e sábado de 12.00 a 12.45 horas.
Xogos para nenos pequenos de 3 anos (se fai mal tempo fan xogos fóra); martes, xoves e sábado de 12.45 a 13.30 horas.
Perfeccionamento adultos: martes, xoves e sábado de 14.00 a 14.45 horas.
Abono piscinas
Por último, tamén se informa de que xa se pode efectuar o pago dos bonos das piscinas nas oficinas da entidade bancaria Abanca de Mondoñedo. Os prezos son os seguintes:
a) Nenos e mozos ata 18 anos incluídos: entrada diaria 1,25 euros; abono mensual, 9,46 euros e abono tempada 12,60 euros.
b) Mozos e adultos de máis de 18 anos: entrada diaria 2,20 euros; abono mensual, 15,76 euros e abono tempada 18,91 euros.
c) Familiares: abono mensual 25,21 euros; abono tempada 37,82 euros.
d) Os abonos son persoais