Cervo, 25 de xuño de 2018.- O Concello de Cervo acolleu esta fin de semana e por terceira vez, o campionato de España de motonáutica por radiocontrol térmico. Na cita, que tivo lugar no Encoro de Río Cobo, participaron medio cento de embarcacións, e unha vintena de pilotos procedentes de Cantabria, Valencia, Castellón, Madrid, Andalucía e Galicia.
Villares e Soto quixeron agradecer a súa participación a todos cantos se achegaron ao Encoro para disputar a carreira, e felicitaron aos gañadores e campións de España, destacando “que esta proba é unha boa oportunidade para aproveitar de xeito diferente os nosos recursos e unha plataforma para dar a coñecer os múltiples atractivos de Cervo a pilotos e acompañantes; ao tempo que lles brindamos á nosa veciñanza unha oferta lúdica-deportiva ampla e diversificada”.
