Lourenzá, 1 de xuño de 2018. O equipo de goberno municipal de Lourenzá resposta ás críticas do voceiro do BNG e acláralle que o segundo tenente de alcalde faltou só a oito xuntas de goberno de case corenta que se celebraron.
O goberno local pregunta “onde estaba o señor. Fernández Villalba durante os tres últimos anos? Leva tres anos calado e sae agora aos medios para criticar a ausencia do segundo tenente de alcalde a algunha xunta de goberno local. Será que xa deu comezo a campaña electoral?”.
O equipo de goberno do Concello laurentino engade: “primeiro imos aclarar que o señor Rivas faltou a oito xuntas de goberno de case corenta que levamos celebradas nestes tres anos. Desas oito xuntas só unha se celebrou en venres, que é o día no que está liberado. O resto, por diversos motivos, tiveron lugar en martes ou xoves, días nos que o señor Rivas non pode asistir por motivos laborais. Que saiba o señor Fernández Villalba que as xuntas de goberno celébranse co resto dos membros que a compoñen con absoluta legalidade e operatividade. Temos que recordarlle ao Sr. Fernández que ao inicio desta lexislatura, a petición súa, retrasamos media hora a celebración dos Plenos para axustalos ao seu horario laboral. Supoñemos que será tamén por motivos laborais as ausencias do señor. Fernández Villalba a todos cantos actos se celebran no concello: Xornadas de Historia Local, Certame de Teatro, Maios, actos das Letras Galegas, Festa Campesiña, etcétera, etcétera. Aplaudimos a asistencia do señor Fernández ás concentracións en defensa da área sanitaria da Mariña (en horario laboral). O que non entendemos é que non asistira, por exemplo, á manifestación de xubilados en defensa das pensións do pasado luns. Sería porque era mercado e coincidía con horario laboral?”
O goberno municipal tamén manifesta que “leva o señor Fernández Villalba tres anos facendo oposición compartida co Partido Popular. Se un le as actas dos plenos verá que na inmensa maioría dos casos votaron os dous grupos na mesma dirección. Vendo agora a boa sintonía que hai entre os dous grupos non entenderíamos, coa perspectiva actual, aquela campaña tan dura do BNG contra o PP nos temas do Pazo de Tovar e do edificio da Avenida de Mondoñedo, que tan caros nos saíron aos veciños e veciñas de Lourenzá. Aproveitamos o último caso para solidarizarnos con aqueles veciños e veciñas que levan moitos anos esperando por un piso e sendo vítimas dunha situación da que non tiveron culpa ningunha. A intención do equipo de goberno de Lourenzá nunca foi a de criticar a actuación do voceiro do BNG, porque ao partido nacionalista non o consideramos o noso inimigo político, con quen deberiamos entendernos, como sucede noutros concellos e institucións galegas. O señor Fernández Villalba debe aclarar cal é o seu rival político, en especial aos seus posibles votantes, para que saiban realmente a quen dar o seu voto en futuras citas electorais”.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



