Ribadeo, 25 de xuño de 2018. Os participantes nas actividades do programa Aquí? Coma de 20!, que organiza o Concello de Ribadeo, viaxaron este domingo, á Coruña, onde compartiron unha interesante xornada.
Susana Álvarez, a dinamizadora sociocultural do Concello, explicou que “visitamos o museo militar, o acuarium e a Torre de Hércules. Foi unha viaxe na que nos acompañou o bo tempo”. E quixo “agradecer á área de Servizos Sociais, ao CIM e a Turismo, a Sonia, Luisa, Mariluz e Begoña, por tanta entrega para que este día fose tan especial. E a todos e todas os que participades nas Tardes de Lecer (A memoria) e no Envellecemento activo (Tai_Chi)”.
O 1 de xullo, domingo, no Cine Teatro ás 17 horas terá lugar a clausura das actividades.