Ribadeo, 9 de xuño de 2018. Ribadeo súmase á homenaxe cidadá a Luis Trigo Chao O Gardarríos e Antonia Díaz Pérez. Ela era natural de Vilela, en Cubelas.
“A Xunta de Voceiros do Concello de Ribadeo acorda sumarse á homenaxe cidadá aos loitadores antifascistas Luís Trigo Chao O Gardarríos e Antonia Díaz Pérez con motivo do setenta aniversario do seu asasinato polo franquismo.
Ao tempo, quere ter unha lembranza especial para a veciña de Ribadeo Antonia Díaz Pérez, natural de Vilela, en Cubelas, e residente no lugar de Reverte na parroquia de Piñeira. Morta en Vilanova de Lourenzá con só vinte anos e que entregou a súa vida á loita pola liberdade.
Asemade convida ás veciñas e veciños de Ribadeo a participar dos actos de homenaxe a celebrar en Mondoñedo e Lourenzá o 23 de xuño de 2018″.
Reseña Antonia Díaz Pérez
Antonia Xosefa Liria Díaz Pérez, naceu o 12 de xuño de 1928 no barrio de Vilela, en Cubelas, filla de Xosé Díaz Díaz, natural de Obe, e de Rosalía Pérez López, natural de Cubelas, criouse no lugar de Reverte en Piñeira, canda os seus pais e os seus irmáns Francisco, Fidel, Faustina e Lidia. De orixe moi humilde, non tardou en quedar orfa de nai, abandonando pronto a escola para desenvolverse como labrega e xornaleira, pastoreando gando por diversos lugares do Concello de Ribadeo. A súa casa e a súa familia formaban parte da rede de enlaces que prestaban apoio á loita contra o franquismo, motivando, antes do paso de Antonia á clandestinidade, a detención do seu irmán Fidel por colaborar nas actividades de oposición. Aos 18 anos, pasa á clandestinidade xunto ao seu compañeiro sentimental o famoso guerrilleiro Luís Trigo “O Gardarríos”, incorporándose á primeira liña da loita contra o fascismo e colaborando con este na súa actividade de oposición na comarca. Sería asasinada polas forzas da orde, canda Luís Trigo, o 25 de xuño de 1948 en Vilanova de Lourenzá, sendo enterrado o seu corpo nun baldío do cemiterio da vila.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



