A Mariña 27, xullo, 2018. O deputado autonómico e secretario de Organización do Partido Po-pular de Lugo, Daniel Vega, acompañado do presidente da xestora do PP burelés, Manuel Rouco, mantiveron este venres dous encontros con representantes da aso-ciación da Moncloa e do IES Monte Castelo de Burela para coñecer de preto as súas inquedanzas e trasladalas ao correspondente organismo competente. Estas xuntan-zas enmárcanse “no camiño” emprendido hai meses por Daniel Vega de “facer unha política porta a porta”, baseada no contacto directocos cidadáns.
O IES Monte Castelo é un dos centros de referencia de toda a comarca da Mariña; xa que a súa oferta académica comprende ESO, Bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior relacionados coa saúde e o deporte tanto nas súas modalidades ordinarias coma de ensinanzas para adultos. Pero, ademais, conta con distintos pro-gramas de ampliación de estudos coma a Aula Mentor de formación a distancia a través de Internet,o programa Cuale para a formación complementaria en linguas es-tranxeiras ou unha sección da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro e intercambios con outros países da UE; sen esquecer que “é o único centro da Mariña que ofrece o Bacharelato artístico”.
Durante o encontro abordáronse as necesidades de acometer pequenas obras de mellora, pero tamén outras necesidades de maior envergadura coma a reposición de equipos informáticos ou a remodelación dos sistema de calefacción “sobre o que os técnicos nos teñen posto en alerta de cara a unha posible avaría importante”, como avanza o director do centro, Luís María Díaz, que acompañado polos xefes de estu-dos José Ángel García e Lidia Rodríguez, valora positivamente “esta oportunidade para trasladar as carencias do instituto”.
Os dirixentes do PP a nivel provincial e local interesáronse tanto polo traballo do equipo docente coma polas actividades que o seu alumnado desenvolve no centro poñendo en valor “o esforzo de toda a comunidade educativa”. É por iso polo que Daniel Vega se comprometeu a dar traslado das súas peticións ante a consellería de Educación co obxectivo de “potenciar a formación que se ofrece na comarca da Mari-ña”.
Asociación de xubilados A Moncloa
Vega e Rouco tamén se achegaron ao porto de Burela para visitar o local social da asociación A Moncloa onde mantiveron unha reunión coa xunta directiva deste colec-tivo que reúne a 128 mariñeiros xubilados. “O sector pesqueiro marca claramente á nosa comarca tanto no ámbito socio-económico coma cultural, polo que debemos manter e potenciar o seu valor”, indicou Vega.
Deste xeito, e apoio aos integrantes desta asociación, criticaron que o BNG local pre-tenda cambiar o nome da rúa na que se atopa a infraestrutura portuaria, Eijo Garay, pois, segundo destaca o deputado autonómico, “iso signicia que os nacionalistas pouco ou nada coñecen o que fixo este ilustre bispo polo porto desta vila”.
Os populares, neste senso, puideron coñecer de preto a actividade que desenvolve este colectivo que, ademais do seu labor sociocultural e recreativo, desempeña unha función pedagóxica; xa que achega aos centros de ensino a cultura mariñeira a través dos coñecementos e experiencias destes mariñeiros retirados. De feito, nas propias instalacións das que dispoñen no Porto de Burela manteñen aparellos ou partes de barcos antigos, así coma cadros tanto de embarcacións coma de mariñeiros, que fan as ledicias dos visitantes.
Precisamente de cara á conservación destas pezas e do local en xeral, a directiva da asociación da Moncloa trasladoulle a Daniel Vega e Manuel Rouco as súas necesi-dades máis inmediatas baseadas en pequenas obras de mellora. Así mesmo, tamén abordaron a necesidade de ampliar o local “que xa se está quedando pequeno”, se-gundo a secretaria da asociación, Herminia Pernas. Neste caso, deberanse desen-volver ante Portos de Galicia as xestións oportunas que tanto o secretario de Organi-zación do Partido Popular de Lugo coma o presidente da xestora do PP de Burela quixeron escoitar.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



