Ribadeo, 31 de xullo de 2018. Comeza unha semana de intensa actividade cultural en Ribadeo, segundo ven de anunciar o concelleiro Farruco Graña.
O edil nacionalista contou que “o xoves, 2 de agosto, no Auditorio Hernán Naval, ás 21 horas temos concerto de piano a cargo do ribadense Guillermo Cruzado. Vai interpretar obras de Beethoven, Chopin, Shubert ou Isaac Albéniz. Este vai ser xa o seu segundo concerto en Ribadeo. Guillermo Cruzado estuda piano no Real Conservatorio de Música de Madrid. Ten recibido formación musical de carácter complementario da man de prestixiosos mestres como Ricardo Requejo e José María Colón, deste último nos cursos internacionais de Música en Compostela. Este concerto será o xoves, 2 de agosto, ás nova da tarde no Auditorio Hernán Naval. Haberá un prezo único para todas as persoas asistentes: 3 euros”.
Graña seguiu a relatar que “o venres día 3 tamén no Auditorio Hernán Naval ás 21 horas teremos o concerto de Mbira Dúo. Este dúo de percusión está composto por Irene Rodríguez e Noé Rodrigo. Mbira Dúo formouse en Zaragoza no ano 2014. Os seus integrantes, de Ribadeo e Altea, coñecéronse no Conservatorio Superior de Música de Aragón (CSMA), onde iniciaron este proxecto. Despois da súa graduación en 2014, continuaron os seus estudos no Conservatorium van Amsterdam (CvA), onde realizaron un máster de dous anos para ampliar as súas carreiras musicais, tanto en percusión solista e orquestral como en dúo de percusión. Este concerto será o venres, 3 de agosto, tamén ás nove da tarde no Auditorio Hernán Naval. Haberá un prezo único para todas as persoas asistentes: 3 euros”.
O concelleiro de Cultura engadiu que “tamén queremos lembrar que todos os domingos de agosto ás 11.30 horas haberá visitas guiadas para ver as pinturas murais do Santuario das Virtudes, na Ponte de Arante. Estas visitas guiadas son comentadas por Emilio Piñeiroa Lozano, bo coñecedor de dito templo. E non esquezamos que esta fin de semana vai ter lugar a Festa do Percebe de Rinlo, así como a Xira de Santa Cruz, organizada por Amigos da Gaita. Lembren que o sábado, á tardiña, vai ter lugar o Pregón da Xira ás 20:30 horas no Teatro de Ribadeo. Lerán o pregón os Rodeiros do Eo e haberá actuación e pasarrúas a cargo dos grupos da Amigos da Gaita, de Xoldra, da Subela, Aires do Padornelo, Caduncos e Os da Porfía”.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



