Lugo 31, xullo, 2018. O Grupo Provincial do PP é consciente do grave problema que supón a presenza da vespa velutina na provincia, polo que tentou chegar a un consenso que o Grupo propoñente, o PSOE, non admitiu. Os populares consideran que “este asunto requiriría deixar a un lado a demagoxia e buscar a unanimidade; xa que “é fundamental a intervención de todas as administracións dentro dos seus ámbitos e competencias” como indicou o deputado José Ulla.
Así pois, dende o Grupo Provincial Popular lamentan que o Goberno Provincial non aceptase a emenda pola que os populares pedían “o traballo coordinado e conxunto das administracións públicas (Estado, Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais, Concellos e Unión Europea) e os axentes económicos e sociais afectados na loita contra a vespa velutina”. De feito, durante a súa intervención, o deputado José Ulla, defendía o “incremento da dotación económica, técnica e profesional de xeito proporcionado e acorde á importancia e extensión desta especie exótica invasora no noso territorio, no marco do Plan de vixilancia e control da vespa velutina”.
Ademais, “tendo en conta que son os técnicos os que deben indicar a forma adecuala para combatela”, o Grupo Provincial Popular defende “a investigación sobre este problema e a formación de profesionais que loiten contra o mesmo no marco da Estratexia de Xestión, Control e posible erradicación do Avispón Asiático ou vespa negra. E, igualmente, José Ulla considerou que deben ser os técnicos especializados os encargados de determinar tanto os lugares coma o número de trampas a colocar na nosa provincia. “As trampas débense poñer en sitios onde si se detectou a presenza da vespa velutina e non de xeito indiscriminado; xa que o líquido atraínte pode provocar que outras especies caian nas trampas afectando á biodiversidade”, explicou.
“Non hai solución máxica”
O deputado popular recordou que “no momento que se detectou a presenza da vespa asiática en Galicia, a Xunta elaborou un protocolo de vixilancia e control no que colaboran as consellerías de Medio Rural, Medio Ambiente e Presidencia, ademais dos propios Concellos a través da FEGAMP, e mesmo as asociacións apícolas co que se pretendía atallar a súa expansión”. Ulla defende que “dende aquela se estivo traballando a reo, pero no caso da velutina sempre será pouco”.
De feito, o deputado popular considerou que “a administración debe loitar e poñer máis medios”, pero recordoulle ao Grupo Provincial Socialista que “non é a Xunta quen debe declarar este problema como praga, senón que llo corresponde ao Ministerio que os socialistas crearon cun nome mediático como é o de Transición Ecolóxica”. De feito, como indicou, “declarar como praga a presenza da vespa velutina non é unha solución máxica”. Ademais, recordou que “non hai lexislación que ampare a declaración de praga para a vespa velutina como si pasou coa couza guatemalteca da pataca; xa que, na actualidade, só se recolle esta condición para aquelas incidencias que afecten á produción vexetal”.
Desdobramento do corredor Nadela-Sarria
O Grupo Provincial do PP abstívose na proposta do PSOE sobre o corredor Nadela-Sarria ao entender que o que piden “xa se está facendo” e que a paternidade da obra corresponde á Xunta do PP, que é o que os molesta. “O PSOE non foi capaz de facer un só metro do desdobramento”, lamentaron.
O deputado José Antonio García explicou que “queremos esa infraestrutura porque pelexamos por ela desde sempre”. “Fíxose o estudo de impacto ambiental e o do trazado está rematado, o proxecto está en contratación e vanse iniciar as obras de forma inmediata, que é o que os molesta. Nós imos seguir apostando por ela como fixemos sempre. Farase un desdobramento completo, polo tanto imos absternos porque é unha moción electoralista cando ven que se inician obras e se aproximan uns comicios. Agardamos que tiren tamén polas obras comprometidas con prazos por parte do Ministerio de Fomento agora que goberna o PSOE e non escondan de novo as pancartas como fixeron con esta obra”, incidiu.
Mellora das condicións dos GES
Desde o PP corrixiuse a información achegada polo BNG na súa iniciativa. En concreto, aquela sobre que a Deputación achega o 50% do custo do servizo, cando a Xunta achega o 60% por un acordo da Corporación Provincial, un 20% máis que a Deputación. A Xunta ademais achega toda a formación, tal e como explicou Carlos Armesto.
O PP logrou sacar adiante a súa emenda á moción do BNG sobre a mellora das condicións dos GES. En concreto desde o PP pedíase instar ao Goberno da Deputación a tomar as medidas precisas, utilizando todos os medios ao seu alcance, para conseguir que os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) da provincia de Lugo teñan un funcionamento eficaz e homoxéneo así como cunhas condicións laborais dignas, todo elo en base aos seguintes puntos:
– Igualación das funcións de todos os traballadores e traballadoras dos GES da provincia, priorizando sempre o seu traballo nas emerxencias supramunicipais sobre calquera outra función de carácter propio do seu concello base.
– Igualación de todos os salarios dos traballadores e traballadoras dos GES, tendo cando menos a categoría laboral de oficial de 2ª e garantindo que ningunha persoa cobre menos que a media dos GES de Galiza.
– Elaboración dun plan de formación para todos e cada un dos GES da provincia acorde ao traballo en emerxencias que teñen que levar a cabo.
– Esixencia de que os grupos estean sempre completos e que exista unha organización do traballo en cada concello que garanta que se poida acudir a todas as emerxencias para as que son solicitados.
Tamén se acordou instar ao goberno da Deputación a que acade os obxectivos do punto anterior implicándose na negociación en curso entre a Xunta de Galicia, as catro Deputacións e os concellos galegos no seo da FEGAMP para establecer un novo modelo de financiamento dos GES.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



