Foz, 18 de xullo de 2018. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, critica a falla de actuacións da Dirección General de Costas do Estado nos últimos anos, durante o anterior goberno no que foi ministra de Medio Ambiente Isabel García Tejerina. O rexedor visitou hoxe o litoral de Fazouro acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Hermida, e do presidente da asociación de veciños desa parroquia, Raúl Río, e comprobou o mal estado do acceso á praia de Arealonga.
Javier Castiñeira declarou: “no día de hoxe desde o concello de Foz queremos facer unha forte crítica á Dirección General de Costas, tanto desde a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antonio Hermida, como desde a Asociación de Veciños de Fazouro, por parte do seu presidente, Raúl Río, polo estado de abandono da praia de Arealonga. É lamentable que unha praia que sempre tivo dous accesos, un por Fazouro e outro por Nois, que agora o acceso de Fazouro estea cortado e que non se cumpran os compromisos que había establecidos con este Concello e cos seus veciños”.
O alcalde focense explicou que “o Concello fixo todo o posible, sacou todos os permisos, tanto en Patrimonio como en Medio Ambiente, para autorizar ese acceso, e que a día de hoxe estea sen facer e que os veciños de Fazouro non poidan acceder polo seu paso tradicional á praia de Arealonga paréceme lamentable, como o é o estado de abandono que ten a Dirección General de Costas coa parroquia de Fazouro porque ademais deste acceso non hai máis que ver a bocana da ría do Ouro, totalmente colmatada de area. En Costas saben perfectamente que ese é un dos problemas importantes de Fazouro posto que, cos temporais despois, o mar métese por dentro do río e poden pasar momentos como o da famosa ola do río Ouro no pasado inverno, pero seguen sen facer absolutamente nada”.
O rexedor comentou que “as desculpas son que non hai dotación económica, pero teñen que buscar formas de poder facelo e de actuar. Estamos vendo un bloqueo absoluto desde a Dirección General de Costas, en Madrid, cos temas importantes de Foz. Non me refiro ao goberno actual porque loxicamente aínda non lle deu tempo a chegar, pero o anterior goberno, coa señora Tejerina no Ministerio de Medio Ambiente, nestes últimos anos por Foz non levou a cabo ningún dos compromisos que tíñamos. Son pequenas actuacións necesarias, como esta de Fazouro e noutros moitos accesos que están totalmente abandonados e que Costas achaca a que é falta de mantemento, cando o compromiso do Concello non é ese. Son obras de investimento que hai que facer anualmente que non se están a facer, e outra queixa fundamental contra o anterior goberno, no que estaba a señora Tejerina, e concretamente contra a Dirección General de Costas, que ten abandonado Foz, é o compromiso da segunda parte do carril bici que había co Concello de Foz, que ten todo xa conseguido, que estaban aí os cartos para facelo, e que alguén, non se sabe por que, decidiu non facelo. E ademais os retrasos, de practicamente un ano, no Plan Xeral que causaron os informes de Costas”.
Castiñeira subliñou que “hai un descontento absoluto coa Dirección General de Costas. Entendemos as desculpas que nos dan desde a Delegación de Lugo, pero é certo que cada un debe cumprir coas súas obrigas e Costas non está cumprindo co noso concello. Ao único que se dedica é a sancionar, a mandar aos revisores por aí para multar, que o vemos moi ben porque loxicamente hai que tratar de ter a costa en bo estado, pero tamén queremos os investimentos que son necesarios, que para iso contribuímos todos os veciños e todos os concellos desta provincia, porque parece que Lugo segue sen ter costa para os responsables da Dirección General de Costas que están en Madrid”.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



