A Pontenova, 23 de xullo de 2018.- O Concello da Pontenova organiza un campamento de verán gratuíto no mes de agosto para todos os nenos e nenas de entre 3-14 anos. Está dirixido a nenos e nenas de 3-14 anos, comeza o luns día 6 de agosto e remata o 18 de agosto, será en quenda de mañá dende ás 10:00-14:00 horas. Todos os interesados deben inscribirse no telefono do Concello; 982 34 22 77 (Angeles).
“Esta actividade está enmarcada dentro das iniciativas lúdicas do Concello que por un lado contribúen a conciliar a vida laboral das familias da Pontenova, e por outro, ofrecemos alternativas de lecer e tempo libre durante as vacacións de verán, así como a promoción de valores e comportamentos que favorecen o desenvolvemento dos nenos con diferentes talleres e actividades”, avanzou a Concelleira Isabel Couto.
A presentación destas actividades será o venres 3 de agosto ás 11:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova. “Dende aquí queremos convidar a todos os nenos e nenas a que participen neste campamento no que haberá excursións, viaxes á praia, clases na piscina, ruta de sendeirismo, clases de cociña, reciclaxe, rutas polo pobo, festa con inchables”, explicou Couto.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



