Mondoñedo, 3 de xullo de 2018.- O Concello de Mondoñedo subvenciona a implantación de actividade económica no parque empresarial ata o 21 de xullo. Así, o Executivo deseñou unha nova liña de subvencións en materia de fomento da implantación empresarial co obxectivo de apoiar a dinamización económica do municipio e o impulso das actividades empresariais.
Parcelas ofertadas en dereito de superficie
A maiores, Suelo Empresarial del Atlántico vén de publicar unhas bases polas que se rexerá a adxudicación de concesión de dereito de superficie con opción de compra en seis das parcelas da súa propiedade no parque empresarial de Mondoñedo. A data límite para presentar ofertas é o 14 de setembro.
O prazo de vixencia do dereito de superficie é de 30 anos, despois reverterán de novo en Suelo Empresarial del Atlántico. Concédeselle ao superficiario un dereito de opción de compra gratuíto sobre a parcela durante os 5 primeiros anos, podendo prorrogarse durante outros cinco e descontarase o 40% das contías satisfeitas en concepto de canon.
Bases: http://www.seasuelo.com/imagenes/files/PLIEGO%20MONDO%20SUPERF%20MAYO%2018.pdf
Rexeneración do actual tecido produtivo
Tal e como explica a rexedora, Elena Candia, o Concello de Mondoñedo ten como obxectivo a rexeneración do actual tecido produtivo, así como a colaboración na consolidación de actividades existentes e posta en marcha doutras novas que dean resposta ás necesidades da sociedade actual e que resulten competitivas no marco económico existente. En particular, precisa, “para este Concello resulta prioritario o fomento do mantemento e consolidación das actividades existentes e a captación de novas iniciativas empresarias que se apoien para o desenvolvemento da súa actividade en recursos endóxenos do municipio”.
As bases reguladoras de subvencións para o fomento da implantación empresarial no parque empresarial de Mondoñedo fixan ata o 21 de xullo o prazo para solicitar as axudas en réxime de concorrencia non competitiva. Trátase de axudas de carácter plurianual a diferentes sectores do ámbito empresarial local que teñen por finalidade fomentar o mantemento e consolidación de actividades empresariais existentes e a creación de novas empresas ou negocios.
Requisitos para ser beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas as micro, pequenas ou medianas empresas que desenvolvan unha actividade con ou sen ánimo de lucro que manteña e xere emprego, que adquira solo nas condicións sinaladas nas bases e que as obras de edificación na parcela comecen nun prazo máximo de seis meses a contar desde a data de outorgamento da licenza de obras.
As subvencións outorgaranse para o ano 2018 e 2019. O importe máximo da subvención acadará a contía de 25.500 euros por cada proxecto empresarial. Para o ano 2018 está prevista unha consignación de 14.000 euros, as contías restantes faranse efectivas con cargo ao exercicio orzamentario de 2019.
A axuda concedida será compatible con outras axudas ou subvencións calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda. Esta compatibilidade non é aplicable no suposto de que a empresa recibira subvención do Concello de Mondoñedo polo mesmo obxecto na presente convocatoria.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes
Poderán presentarse as solicitudes ata o día 21 de xullo no Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo en horario de 09:00 a 14:00 de luns a venres. Tamén se admitirá a súa presentación por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Parcelas a disposición
Suelo Empresarial del Atlántico pon a disposición parcelas que van desde os 959,90 metros cadrados ata os 2111,90 metros cadrados. Seis delas poderán ser adxudicadas a través dunha concesión de dereito de superficie.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



