Cervo, 3 de xullo de 2018.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, recibiron esta mañá ao staff técnico e aos 55 mozos e mozas que participan no Campus de Basket EntreNos que se está a desenvolver esta semana, entre o 1 e o 7 de xullo, en San Ciprián.
O evento deportivo está organizado polo Club Deportivo San Cibrao, e tal e como apuntou Villares “desde o Concello de Cervo poñemos todos os medios, instalacións e infraestruturas municipais á súa disposición para que os participantes aproveiten ao máximo a experiencia e desfruten do baloncesto e de todo canto lles podemos ofrecer no noso municipio”.
Os rapaces e as rapazas que participan no Campus teñen entre 10 e 16 anos e hai representación de todas as provincias galegas. Deles 30 son internos e os restantes 25, que proceden do Concello de Cervo e doutros puntos da Mariña, asisten en réxime de media pensión.
O principal distintivo deste Campus é que cinco xogadores e xogadoras en activo de primeiro nivel conviviven e adestran cos participantes que teñen a oportunidade de intercambiar experiencias e conversas con profesionais deste deporte.
Os xogadores participantes son Erik Quintela (xogador do CB Clavijo de Logroño, LEB Oro), Adrián Chapela (xogador do HLA Lucentum Alicante, LEB Plata), Sergi Quintela (Xogador do CB Breogán, recentemente ascendido á liga ACB), Paula Ahuja (Celta de Vigo, liga feminina 2) e Candela Abejón (Manhattan University, NCAA).
A actividade central do Campus é, evidentemente, a práctica do baloncesto, con adestramentos de, cando menos, 4 horas diarias; pero tamén ofrece aos participantes outro tipo de actividades complementarias relacionadas co deporte e que se poden desenvolver na contorna como surf, piragüismo, sesións na pisicina olímpica de Lieiro, visitas á praia, e tamén actividades culturais como a que tivo lugar no día de hoxe ao Museo do Mar. Tamén no día de hoxe participarán na primeira xornada das Noites Alternativas que é unha actividade de orientación.
Villares e Soto animaron aos rapaces e ás rapazas participantes “a que aproveiten ao máximo esta oportunidade única de compartir adestramentos con xogadores de primeiro nivel, e convidaron a profesores e a alumnos a que desfruten do baloncesto e da súa estancia no municipio e dos servizos que en Cervo podemos ofrecer”.
Os participantes teñen como campamento base as aulas do CEIP Península da Paz, en San Cibrao, acondicionado para a ocasión con literas e todo o equipamento necesario, e contan con servizo de cociña no propio centro; ademais poden utilizar o patio de xogos que conta con cancha de baloncesto e porterías; e unha zona verde de esparcimento en plena natureza dentro do recinto pechado. Este colexio conta, así mesmo, cun pavillón deportivo que foi reformado en 2009.
O escenario dos adestramentos é o Pavillón da Veiga onde reciben as nocións da man tamén de diferentes adestradores profesionais que levarán cos 5 xogadores e xogadoras o peso das sesións, sempre tuturizadas polo Director Técnico do Campus e director deportivo de Estudiantes Lugo, Cristino Menor.
A clasura do Campus EntreNos será o sábado, 7 de xullo, a partir das 12:00 horas no pavillón da Veiga, onde terán lugar as competicións finais e a entrega de premios e regalos, nun acto aberto ao público




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
