Ribadeo, 3 de xullo de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras de Servizos Sociosanitarios e Igualdade, Sonia Meilán e Mariluz Álvarez, clausuraron o domingo as actividades do programa Aquí?… Coma de 20!. Os asistentes gozaron dunha representación teatral e compartiron un anaco distendido con pinchos no restaurante Voar.
A dinamizadora sociocultural Susana Álvarez contou que “as treboadas non puideron con nós e este domingo pasado,1 de xullo, cando os relustros viaxaban polo ceo ribadense, e eses trebóns soaban como se tocasen mil tambores, nós Aquí? Coma de 20! , acudiamos á cita, á festa de fin de actividades, tanto os/as usuarios/as das tardes de lecer coma os/as da actividade de momento / Tai Chi”.
E engadiu que “ás cinco da tarde puidemos estar no Cine Teatro e rir co grupo de teatro El Cioyo, de Castropol. O alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras de Servizos Sociosanitarios e Igualdade, Sonia Meilán e Mari Luz Álvarez, clausuraron así as actividades que tiveron lugar este curso nas escolas unitarias e teleclubs das parroquias do concello”.
Entre ese centenar de persoas que acudiron a este acto de clausura estiveron tamén o mestre de Tai Chi, Héctor Peña, e a dinamizadora sociocultural, Susana Álvarez. Despois de estar no Cine Teatro compartiron todos/as un anaco distendido cuns pinchos no restaurante Voar, “lugar no que o tempo nos deixou sacar esta foto tan fermosa”.
Susana Álvarez tivo palabras de agradecemento para os asistentes: “graciñas a todos e todas os que acudistedes á cita e ós/as que non poidéstedes estar con nós, graciñas tamén por todas as vivencias destes meses”.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



