Ribadeo, 27 de xullo de 2018. O equipo de goberno someterá a aprobación no pleno do vindeiro martes, 31 de xullo, a memoria social, xurídica, técnica, financeira e de xestión da residencia de maiores. Esta semana celebrouse a primeira xuntanza da comisión de estudo da que forman parte Deputación de Lugo e Concello de Ribadeo. Esta memoria estará exposta ao público durante 30 días para a presentación de alegacións. Durante 15 días, contados a partir de hoxe, tamén están publicados na sede electrónica, na área de participación cidadá, os borradores de ordenanzas e regulamentos que rexerán o funcionamento da residencia.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “durante estas semanas e meses levamos traballando con discreción, pero con moita intensidade, no noso soño colectivo que é a residencia de maiores de Ribadeo, facendo entre todos os grupos, e en estreita colaboración cos técnicos e cos políticos da Deputación de Lugo, esta institución que sempre, desde o primeiro momento, apoiou esta gran acción, como é a residencia de maiores de Ribadeo”.
O rexedor contou que “agora, nesta semana que está rematando, xa tivemos a primeira comisión de estudo do que van ser as memorias e a documentación que é necesario por lei elaborar, como determinar a forma de xestión, o réxime de funcionamento, o réxime económico e de acceso deste centro de atención de persoas maiores”.
Suárez Barcia dixo que “o pleno da Corporación para o martes que ven, en sesión ordinaria, tomará en consideración todo isto, aprobarao e estará exposto ao público durante trinta días para a presentación das pertinentes alegacións. Ademais desde o día de hoxe, venres, e por un prazo de quince días temos tamén publicado na sede electrónica do Concello de Ribadeo, na área de participación cidadá, os borradores de ordenanzas e regulamentos que van rexer o funcionamento da residencia, para o cal os interesados poderán manifestar a súa opinión”. E engadiu que “todo isto facémolo cunha novidade lexislativa, que entrou en vigor hai moi pouco tempo, que é o artigo 133 da lei 39/2015, de que hai que dar participación cidadá incluso en fase de borrador, antes de que se adopten acordos. Polo tanto, a partir de hoxe, todo aquel que queira poderá ir vendo cal é o resultado do traballo que levamos facendo en todos estes meses os técnicos do Concello e da Deputación, os responsables políticos da Deputación e responsables políticos do Concello, sempre atendendo aqueles criterios e aqueles principios inamovibles e polos cales loitaremos ata o final, que é unha residencia preferentemente para a xente de Ribadeo e a prezos asumibles para as xentes de Ribadeo, moi singularmente para aqueles que non teñan tantos recursos como outros”.
O alcalde asegurou que “durante este verán traballaremos nos plenos coas aprobacións iniciais, coas exposicións públicas e coas aprobacións definitivas de toda esta documentación, base imprescindible e fundamental para solicitar o PIA, o permiso de inicio de actividade, á Xunta, xa que non nos puxo un peso en todo este proceso polo menos que non poña máis paus nas rodas, e así con toda esta documentación, entre o Concello e a Deputación, poidamos poñer a funcionar esta residencia canto antes. Polo tanto, un bo paso que imos dar este vindeiro martes”.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



