Lugo, 16 de xullo de 2018. Os operarios do Plan de Roza do Goberno Provincial traballan xa na totalidade de Concellos da Provincia. Así o avanzou o Vicepresidente da Deputación e Deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, quen subliñou que “coa contratación dos últimos traballos, chegamos aos 67 Concellos lucenses nos que se están a efectuar labores de desbroce da maleza e acondicionamento das vías provinciais. Facémolo cun investimento de 850.000 euros, que nos permiten actuar nos máis de 4.200 quilómetros cos que conta a rede viaria provincial máis extensa de España”.
Fernández Queipo engadiu que “o conxunto destes traballos foron adxudicados a autónomos e pequenas empresas, case todas da provincia de Lugo, polo que, ademais de adecuar as nosas estradas e mellorar a visibilidade e seguridade dos condutores que circulan por elas, tamén conseguimos xerar empregos e dinamizar o tecido socioeconómico da provincia”.
Outro dos aspectos fundamentais que contempla o Plan de Roza é a prevención de lumes durante a época estival. Deste xeito, coa limpeza de maleza nas marxes das estradas tamén se busca reducir o risco de avance das lapas no caso de producirse un incendio forestal, nunha época do ano na que é preciso un especial traballo de prevención.
As labores de desbroce comezaron na zona da Mariña, para facilitar que os accesos ás praias se atopen en perfectas condicións tanto para os veciños como para os miles de turistas que se achegan á costa de Lugo durante a tempada de verán. Estes traballos foron estendéndose pola provincia nas pasadas semanas ata completar o 100% do territorio lucense co obxectivo de poñer a punto a rede viaria provincial.
24 zonas de actuación
A roza é mecánica e manual, é dicir, non se emprega ningún tipo de axente químico a diferenza doutras administracións, co obxectivo de protexer e respectar o medio ambiente. Os máis de 4.200 quilómetros de vías tradúcense en 8.400 quilómetros nos que se levará a cabo a roza (ambas as marxes viarias). As estradas provinciais dividíronse nas seguintes zonas, nas que actuarán autónomos e PEMES, executando o Plan de Roza, dotado de 800.000 euros:
Zona 1: Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.
Zona 2: Burela, Foz, Cervo, O Valadouro e Alfoz.
Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.
Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
Zona 5: Mondoñedo e Abadín.
Zona 6: A Pontenova, Riotorto e Pastoriza.
Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.
Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.
Zona 9: Lugo e Guntín.
Zona 10: Castroverde e o Corgo.
Zona 11: Friol.
Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
Zona 13: Ribeira de Piquín e a Fonsagrada.
Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
Zona 15: Becerreá e As Nogais.
Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.
Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.
Zona 18: Páramo, Paradela e Sarria.
Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
Zona 20: Taboada e O Saviñao.
Zona 21: Chantada e Carballedo.
Zona 22: Folgoso de Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
Zona 24: Pantón e Sober.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



