Burela, 31 de xullo de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela anuncia que se posicionará en contra da moción presentada polo BNG local referente ao cambio de nome da Rúa Eijo Garay.
Os populares consideran que “hai que pensar no presente e mirar cara o futuro, non se vive mirando cara o pasado, por moi soleado ou tenebroso que sexa”. E é que, consideran que o cambio de nome da rúa causaría problemas e prexuízos aos veciños e negocios desa vía: administrativos, bancarios, etc.; “veciños e propietarios que nada teñen que ver co franquismo, xa que máis ben queren continuar coa súa vida cotiá sen alteracións que os poidan perxudicar”, remarcan.
Desde o Grupo Municipal engaden que “postos á mirar ao pasado, as xestións feitas por Eijo Garay para o inicio do porto de abrigo da nosa vila, xerme do actual porto burelés, foron feitas a principios dos anos trinta, sen pedir nada a cambio, e en todo caso antes da guerra fraticida e do rexime franquista”.
Os edís do PP indican que “a immensa maioría dos veciños e negocios da rúa Eijo Garay opóñense a esta iniciativa do BNG, tal e como constatamos logo de falar con un número importante dos mesmos. E na vida municipal a opinión dos veciños merece ser tomada en consideración”, afirman.
Os populares entenden que “a Lei de Memoria Histórica ten serias carencias, e a súa aplicación tomada ao pé da letra pode dar lugar a inxustizas e á xeración de problemas a moitas persoas que nin tan siquera naceron durante o franquismo e o que queren é desenvolver a súa vida e actividade con normalidade e sen ningún tipo de trabas”.


















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



