O concerto, que foi un auténtico éxito, enmárcase no ciclo Sons no Solpor, que organiza o Eido Dourado e polo que xa pasaron este verán formacións como Agüeira Project, Milesios ou Barahunda. Celso Dourado subliñou que “quedamos sen sillas e houbo moita xente que presenciou o concerto de Tanxugueiras de pé. Estamos moi contentos coa acollida que está a ter a nosa programación cultural”.
