Ribadeo, 14 de setembro de 2018. Este ano inaugurase unha nova experiencia nas undécimas xornadas de violencia de xénero do Concello de Ribadeo coa pretensión de abrir ás xornadas á cidadanía. Segundo subliñan desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM “as violencias machistas son un problema social e como tal todas e todos debemos poñer os medios que estean nas nosas mans para impedir e evitar as actitudes e comportamentos que a xeran e reproducen”.
As XI Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xenéro, Reafirmando Estratexias terán lugar o 21 e o 22 de setembro no Teatro de Ribadeo.
Desde a Concellaría de Igualdade explican que “na praza Oito de marzo o sábado, 22 de setembro, se instalará a Carpa da Igualdade onde se desenvolverán ao longo da tarde actividades para ás crianzas de entre 4 e 12 anos. As actividades promoverán e traballarán a igualdade de xénero. Haberá varios espazos na carpa: O espazo de Construíndo Igualdade, onde xs nenxs realizarán manualmente cousas como por exemplo un obradoiro de chapas de personaxe femininas relevantes de Ribadeo, obradoiro de Hamabeats con nomes de mulleres inventoras, mural con pintura de dedos para colorear sobre a igualdade, atrapabola de personaxes femininas…O espazo Xogando Igualdade, onde se desenvolverán xogos que se basearán en dinámicas que xeren actitudes e valores igualitarios como xogos non sexistas, de linguaxe non sexista, actividades de aprendizaxe con inventos de mulleres, xogos cooperativos de educación, etc”.
E engaden: “na carpa haberá tamén o espazo Contando Igualdade no que contaremos co espectáculo de narración oral de Raquel Queizás, Ruta propia, que reivindica a figura da escritora e mestra rebelde que loitou pola nosa lingua e pola igualdade creando nas súas obras personaxes femininas activas e protagonistas, Mª Victoria Moreno. E o espazo Biblioigualdade para aquelxs nenxs que queiran dedicar un tempo da tarde a ler novos contos. Serán adaptados ás diferentes idades, pero que tratarán a temática da igualdade de xénero”.
Todas estas actividades desenvolveranse en horario de 17.00 a 20.00 horas e contarán con monitorxs durante ese tempo. Terán preferencia para participar xs fillxs das persoas que estean anotadas nas xornadas. A Concellaría de Igualdade anima “a pasar pola carpa e a que deixedes as vosas crianzas e vos acheguedes ata o Teatro para escoitar algunha das conferencias das XI Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero desde o Ámbito Local”.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



