Sarria, 12 de setembro de 2018.- O desenvolvemento do Plan de Banda Larga da Xunta permitirá que, ao remate deste ano, o 85% da superficie empresarial ocupada da provincia de Lugo teña acceso ás redes de internet ultrarrápida, isto é de máis de 100Mbps.
Así o destacou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante a xuntanza que mantivo coa asociación que agrupa aos empresarios dos polígonos industriais de Sarria (O Morelle e San Xullián de Veiga) que veñen de beneficiarse recentemente desta ampliación de cobertura.
A modo de balance o delegado explicou que, na provincia de Lugo xa se benefician desta actuación 11 polígonos industriais e no que falta de ano chegarase a outros 3 máis, acadando un total de 14 superficies empresariais conectadas a redes ultrarrápidas.
Será así grazas ao compromiso da Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R. As empresas dos polígonos beneficiados desta medida do Plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
polígonos da provincia de Lugo obxectivo do Plan Banda Larga 2020.
BEGONTE
ÁREA INDUSTRIAL DE CARRAL
maio 2017
CHANTADA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE OS ACIVROS
marzo 2018
LOURENZA
PARQUE EMPRESARIAL DE LOURENZÁ
decembro 2016
LUGO
POLÍGONO INDUSTRIAL A LOUZANETA
abril 2018
MONDOÑEDO
PARQUE EMPRESARIAL DE MONDOÑEDO
marzo 2017
MONFORTE DE LEMOS
PORTO SECO DE MONFORTE
maio 2018
MONFORTE DE LEMOS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE REBOREDO
agosto 2018
OUTEIRO DE REI
PARQUE EMPRESARIAL DE OUTEIRO DE REI
decembro 2017
RIBADEO
POLÍGONO INDUSTRIAL DE RIBADEO
xuño 2017
SARRIA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE O MORELLE
agosto 2018
SARRIA
PARQUE EMPRESARIAL SAN XULIÁN DE VEIGA
agosto 2018
GUITIRIZ
PARQUE EMPRESARIAL DE GUITIRIZ
previsto para setembro – outubro 2018
MONTERROSO
PARQUE EMPRESARIAL DE MONTERROSO
previsto para setembro – outubro 2018
PALAS DE REI
PARQUE EMPRESARIAL DE PALAS DE REI
previsto para setembro – outubro 2018






















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



