Ribadeo, 28 de setembro de 2018. Apaga organiza varias actividades dentro da Semana Europea da Formación Profesional, que se desenvolverán do 1 ao 3 de outubro. Ribadeo recibirá a visita dun profesor danés, que falará do Sistema da FP en Dinamarca e das ensinanzas de carrocería. Farao no CIFP Porta da Auga, en Ribadeo, e no IES María Sarmiento, en Viveiro. Na súa estadía en Ribadeo coñecerá o casco histórico da localidade e a praia das Catedrais, achegarase tamén ata Mondoñedo e Lourenzá, e pasará pola empresa Hermanos Rega, en Alfoz, e por unha fábrica de embarcacións náuticas, en Barres (Asturias). As actividades foron presentadas esta mañá nas instalacións do hotel O Cabazo, en Ribadeo.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga), Álvaro Doural, anunciou que “esta asociación vai desenvolver varias actividades con outros centros. Precisamente acompáñame nesta presentación o director do Centro Integrado Porta da Auga, que vai ser o centro onde se van desenvolver máis actividades”.
Doural dixo que “é o terceiro ano que participamos nesta actividade. Nesta ocasión contaremos cun profesor de Dinamarca, do centro College 360, que estará con nosoutros durante practicamente toda a semana que ven, virá este domingo e vai marchar o xoves”.
O presidente de Apaga explicou que “imos desenvolver unha serie de actividades tanto en centros educativos, por exemplo no Centro Integrado Porta da Auga de Ribadeo, onde se van realizar dúas actividades, e despois no IES María Sarmiento de Viveiro. Tamén se van facer unha serie de visitas a empresas, unha delas á de carrocería Hermanos Rega, de Alfoz, e a outra que está asentada en Barres e se dedica a facer embarcacións de aluminio. Ademais haberá unha serie de visitas de tipo cultural como vimos desenvolvendo cos nosos poñentes”.
Doural subliñou que “este programa é unha parte importante das actividades que facemos ao longo do curso porque traer aquí socios europeos permite fortalecer a relación, e aos centros que vai visitar tamén lles facilita un punto de encontro importante para a xente que está traballando nas unidades de accións europeas”.
O director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal, quixo “dar as grazas a Álvaro Doural por invitarme a esta presentación e facernos tamén partícipes desta visita do profesor de Dinamarca. As accións que se van facer no CIFP Porta da Auga de Ribadeo serán o luns, día 1, ás doce, que terá lugar unha conferencia onde se tratará o sistema FP de Dinamarca, faremos unha comparativa respecto ao sistema de formación profesional que temos implantado en España. Falaremos tamén da relación que hai entre a empresa e os centros educativos no país do profesor que nos visita. Coincide que este profesor é o coordinador a nivel nacional dun programa de formación de alumnos e de expertos nas materias de FP, polo tanto é un bo referente para saber como se desenvolven esas actividades noutro país. Ademais elaboran materiais didácticos no centro, e polo tanto veremos as diferenzas dese tipo de materiais con respecto aos que empregamos nosoutros no noso centro”.
Isidro Berdeal engadiu que “o mércores, día 3, ás doce do mediodía, realizaranse unhas clases prácticas en colaboración cun profesor do noso centro nas que participará tamén o alumnado do ciclo superior de automoción. Esas clases prácticas serán na área de carrocería, onde abordarán distintas temáticas. Polo tanto cremos que é unha experiencia moi boa e moi importante para o alumnado do noso centro, e esta liña de colaboración con APAGA e con proxectos internacionais creo que é un punto de partida moi interesante para futuras colaboracións neste sentido”.






















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



