Foz, 28 de setembro de 2018. O Concello de Foz aprobou, no pleno da corporación municipal celebrado na tarde noite de onte, o prego de condicións para sacar a licitación a concesión da xestión do xeriátrico. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salienta que é un paso moi importante para o inicio da actividade no nova residencia de maiores e sinala que o obxectivo é que entre en servizo en xaneiro de 2019.
“Desde o equipo de goberno mostramos a nosa máxima satisfacción posto que no día de onte, nun dos puntos do pleno, ía un asunto moi importante para dar un paso adiante e ter vía libre na licitación e na contratación da xestión do xeriátrico de Foz. Onte aprobáronse tanto a saída a contratación como os pregos para a nova concesión do servizo da residencia cos votos a favor de Partido Popular, Foz Plataforma de Futuro e BNG, e coa abstención do Partido Socialista. Chegamos a este punto grazas a que nos pasados plenos Foz Plataforma de Futuro aprobou, xunto co equipo de goberno, o plan económico financeiro, que era fundamental e necesario para poder chegar a este punto; e grazas ao compromiso destes dous grupos onte puidemos dar este paso importante”, explicou o rexedor municipal.
O alcalde de Foz salienta que “o prego é transparente e aberto, no que participaron todos os grupos nas últimas comisións, ante as dúbidas que sempre quixeron xerar partidos como o socialista de que este era un prego xa adxudicado antes de saír a concurso; quedan totalmente obsoletas e nós podíamos cualificalas no seu momento de partidistas e de celosas porque este asunto estea avanzando. O prego é totalmente transparente e proba disto é que todos os grupos puideron aportar as súas suxestións. Fomenta ademais a concorrencia e a competencia, e as empresas están obrigadas a presentar unha boa oferta, unha rebaixa nas taxas que se prevén inicialmente, ter tamén un bo proxecto de explotación e, sobre todo, un tema importante como é un compromiso que había cos traballadores do actual asilo, pois o prego puntúa considerablemente a contratación do actual persoal do asilo, en aras de facilitar a mellor transición dos actuais residentes e que sexa o menos lesivo. Entendemos que este é un tema importante e por iso se puntúa neste prego”.
Javier Castiñeira subliña que “o obxectivo é que en xaneiro do 2019 entre en servizo a residencia. Se todo vai ben o proceso de contratación poderá durar aproximadamente dous meses. Agora hai que recibir as ofertas e despois montar as mesas de contratación para facer as valoracións e tratar de adxudicar xa a finais deste ano. Estamos contentos porque este é un paso adiante con respecto á apertura da residencia nas condicións máis favorables para os veciños de Foz, e tamén os compromisos que había no asilo para que os anciáns do actual centro teñan a seguridade de que van ir para as novas instalacións e que o persoal non perda os seus postos de traballo”.
O rexedor engadiu: “estamos preparando unha ordenanza de axudas municipais que nos requiriu Foz Plataforma de Futuro. Temos xa un pequeno borrador, que poderemos mostrar nos próximos días ao resto dos grupos, para axudar economicamente no acceso ao xeriátrico. As taxas necesarias nunca superarán o 75 por cento da pensión de calquera usuario, e a elo sumaranse as axudas que a Xunta de Galicia tamén facilita neste caso. Polo tanto, un compromiso máis cumprido e estamos co obxectivo de que en xaneiro do 2019 tratemos de arrancar a residencia”.
Castiñeira comentou tamén que “este prego garantirá o servizo por dous anos máis outros dous prorrogables. Serán os catro primeiros anos do inicio da residencia, e con elo garante un servizo totalmente público durante estes catro anos e que todos os veciños de Foz teñan preferencia en orde tamén de necesidade social. Todos aqueles que teñan dependencia de maior grado terán máis facilidades e os que teñan dificultades familiares e económicas tamén. Polo tanto é un prego social e que garante que todos os veciños de Foz que o necesiten poidan concorrer a ter unha praza nesa residencia”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.