Lourenzá, 28 de setembro de 2018. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, presentou hoxe a programación da XXVIII edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará dos días 5 ao 7 de outubro. As actividades inclúen a venda de fabas, degustacións, tapas elaboradas con esta leguminosa, showcooking, actividades infantís, os concertos musicais de Tumba e Dalle e A Roda e concentracións de vehículos clásicos, entre outras propostas. O pregón será o sábado ás 12:00 horas e correrá a cargo da xornalista Marta Docampo. A rexedora convida a asistir a esta cita.
Rocío López anunciou que “o fin de semana do 5, 6 e 7 de outubro celebramos a vixésimo oitava edición da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego pola Xunta de Galicia. A inauguración do stand do concello invitado, unha novidade que introducimos fai dous anos, terá lugar o venres. Este ano é A Rúa de Valdeorras. Tamén terá lugar a tradicional cata de viños, esas dúas actividades marcarán o inicio das actividades programadas para este ano e o toque musical virá da man da asociación músico-cultural Sons Varadero, de Foz, e Gaita Escola, de Mondoñedo”.
A alcaldesa engade que “o sábado á noitiña haberá o concerto de A Roda e unha actuación de Voces da Mariña, que é un pequeno concerto de rapaces de distintos concellos da comarca da Mariña, e a continuación terá lugar unha pequena actuación do grupo Intervalo Show. A asociación cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e o grupo Tumba e Dalle serán os encargados de pechar o domingo, día 7, esta edición da Festa. Tampouco faltarán os tradicionais pasarrúas a cargo do cuarteto Xaramolos, a Charanga Louband Street e a banda Lucus Ensemble. Igual que outros anos haberá a tradicional degustación e venda de fabas, produtos de artesanía, concentración de vespas e vehículos clásicos, exposición de automoción, … Todo isto e moito máis serán as cousas que o visitante poderá disfrutar en Lourenzá. E tratándose dunha festa gastronómica da nosa leguminosa algo que non pode faltar son as distintas receitas elaboradas con fabas. Neste sentido os distintos locais de hostalería ofrecerán ao longo de toda a fin de semana tapas con fabas”.
Rocío López comentou tamén que “o pregón terá lugar o sábado, ás doce do mediodía, e virá da man dunha muller. É Marta Docampo, unha laurentina que ten unha longa traxectoria como xornalista. Tampouco faltará a programación deportiva ao longo de toda a fin de semana, a gran coñecida carreira do Val das Fabas, que xa leva nove anos consecutivos celebrándose e que se espera que este ano conte cunha gran afluencia de atletas. Para os máis pequenos tamén tíñamos que ter unha programación e Uxía Lambona e a Banda Molona e o Pallaso Piruleta serán os que poñan o toque de diversión na xornada lúdico festiva”.
A rexedora laurentina salienta que “unha das novidades principais desta 28 edición é que na praza do Cantón vai haber unha carpa da recentemente constituída Asociación de Cociñeiros da Mariña; cremos que é algo importante que non podían faltar e tiñan que estar presentes nesta edición. Haberá varios cociñeiros que nos teñen preparado un showcooking e varios talleres de cociña orientados aos nenos”.
Rocío López subliña que “logo da gran acollida que tivo o ano pasado, volveremos contar co tren turístico, que fará distintos recorridos atravesando as distintas parroquias que forman o Val de Lourenzá. Nestes paseos os turistas poderán ver as terras nas que se cultiva a faba e recibirán explicacións de como é todo o proceso produtivo desta leguminosa, desde que se planta ata que remata no prato e podemos degustala. Para nós isto é algo moi importante porque nos achega, nos deixa ver e ensinar ao visitante de onde sae a nosa xoia por excelencia, a que estamos a homenaxear nesta festa, e ao mesmo tempo nos permite tamén dar a coñecer toda a riqueza paisaxística e todo o patrimonio arquitectónico que temos neste concello”.
A alcaldesa quere: “animar a todos os veciños e a todas as xentes da Mariña e doutras comarcas a facer un oco na súa axenda e vir disfrutar das distintas actividades que temos preparadas nesta 28 edición da Festa da Faba de Lourenzá. Estou segura e convencida de que van marchar de aquí cun bo sabor de boca, cun fermoso e grato recordo dos recunchos e marabillas que esconde este pequeno pobo da Mariña lucense”.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



