Ribadeo, 21 de setembro de 2018. O Concello abriu o prazo de inscrición para participar no XV Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 6 ao 9 de decembro. Este evento “quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño, plataforma onde se visualice o seu traballo e talento creativo e innovador”, sinalan desde a Concellaría de Desenvolvemento Local.
E subliñan que “no Mercado do Nadal poderán participar artesáns con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e sexan de autoría propia, tamén produtos de gastronomía artesanal e creadores, artistas pola súa vertente de creatividade e deseño: artistas plásticos, gráficos, dixitais, xoguetes, moda, etc… que teñan capacidade para exhibir e vender pezas suficientes e que a creación sexa de autoría propia e a distribución sexa a pequena escala”.
Os stands serán casetas independentes que estarán localizadas na rúa San Francisco e no bulevar do parque contiguo a esta rúa. O Concello establece un prezo de 150 euros pola participación de cada solicitante e caseta
A prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 19 de outubro e a solicitude correspondente deberá ser entregada ben polo rexistro de entrada do Concello de Ribadeo, pola sede electrónica, por correo certificado ou calquera outro medio recollido no artigo 38 da Lei 30/1992. Os documentos que deberán achegar son: unha memoria descritiva da actividade e 3 fotografías da obra e stand; copia do DNI ou CIF; copia da última cota pagada do réxime de autónomos ou correspondente; certificado de epígrafes do IAE; carta de artesán, de selo caso; rexistro sanitario, en caso de que sexa necesario para exercer a actividade; e declaración xurada e asinada, que acredite que os produtos cos que participará no Mercado do Nadal responden a unha elaboración artesanal de autoría propia, acorde á memoria presentada ou que son produtos de creación/deseño propio”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



