Xove, 18 de setembro de 2.018. Na ponte que cruza o río da Rigueira, en Regosanguento, vén de producirse un atentado ecolóxico ó aparecer restos de mobiliario e outros enseres (restos dun equipo de son, entre outros refugallos) tirados no río ao carón mesmo da ponte. O lugar, onde está ubicada unha pequena área de esparcimento, pertencente á ruta dos Muiños, apareceu este martes con eses restos.
Este feito é incomprensible desde calquera punto de vista, xa que no Concello, o mesmo que en moitos outros da comarca, hai un punto limpo onde se poden despositar gratuitamente este tipo obxectos.
Dende o Concello descoñécese quen puido ser o/a responsable deste verdadeiro atentado e puxo en marcha unha investigación para dar co/coa responsable/s deste lamentable feito, co fin de que o peso da lei caia sobor del/es. Tamén o persoal do SEPRONA está a investigar este feito. Trátase dun atentado grave, no que ao haber aparellos electrónicos, a sanción está tipificada no código legal con ata 31.000 €uros.
O punto limpo, onde se pode depositar gratuitamente o refugallo durante toda a semana, ten estes horarios:
-Luns, de 8:00 a 14:30.
-Martes a venres: de 8:00 a 15:00 horas.
-sábados: de 10:00 a 13:00 horas.
Ademais, o Concello de Xove ten un servizo gratuito de recollida deste tipo de residuos polas casas.
