Lugo, 11 de setembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu esta mañá a reunión cos alcaldes e representantes municipais do medio cento de concellos da provincia de Lugo que se benefician das axudas da Xunta polas que se financian os obradoiros de emprego.
A reunión tiña por obxecto coordinar e consensuar o calendario, tanto no que respecta á selección do futuro alumnado, como no relativo á contratación do persoal de dirección, administración e docencia. A Xunta estima que os obradoiros permitirán a contratación de 472 persoas.
Unha vintena de obradoiros de emprego
Os primeiros en iniciar este proceso serán os obradoiros do programa de garantía xuvenil, que teñen como destinatarios a menores de 30 anos. A selección comezará mañá mesmo, coa intención de que estean xa en marcha antes de que remate este mes. Na nosa provincia hai concedidos dous: un en Ribadeo e outro en Lugo.
Por outra banda, os 18 obradoiros restantes, que se impartirán na modalidade dual, teñen estimado o comezo do proceso de selección a partir do día 19 de setembro, co obxecto de que podan poñerse en marcha ao longo do mes de outubro.
Proceso de selección
Balseiro explicou que a primeira parte do proceso de selección corresponde ás oficinas de emprego que a Xunta ten distribuídas ao longo da provincia. Os interesados deberán estar inscritos como demandantes de emprego nas categorías ou especialidades nas que se desenvolvan cada un dos obradoiros e, no caso de menores de 30 anos, formar parte do programa de Garantía Xuvenil.
En segunda fase, a selección do alumnado-traballador, así como a do persoal directivo, docente e administrativo será realizada, por un grupo de traballo mixto constituído para tal fin por representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria e dos concellos dos que se trate, atendendo a unhas bases establecidas previamente e a criterios de igualdade e obxectividade.
Na presente convocatoria, a Xunta de Galicia destina 5,5 millóns de euros á posta en marcha dunha vintena de obradoiros de emprego na provincia de Lugo, todos os solicitados.






















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



