Cervo 21-9-18. Este sábado terá lugar o XI Macgiver Surf na Praia de Lieiro. Ás 10:00 horas comezará a competición, que se prolongará durante toda a xornada. Ás 20:00 horas está prevista a entrega de premios, a continuación terá lugar o concerto de Chris Masuak and The Viveiro Wave Riders.
Esta fin de semana, ademais, a parroquia de Cervo celebra a Festa na Honra da Virxe das Dolores. A cita comezará mañá sábado coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, dará comezo a V Festa Popular dos Callos; que se reanudurá pola tarde, e que estará amenizada por DJ FDB.
Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo da orquestra Salsarena; seguida da actuación de Tania Veiras, que fará unha homenaxe á canción galega.
O domingo haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar o pasarrúas e a procesión acompañada da banda TAU de Viveiro.