A Mariña, 30 de setembro de 2018. Parquemar, en Covas, acolleu na tarde-noite de onte, sábado, o segundo dos oito sorteos que a FCAM realizará ata o 10 de novembro e nos que está a repartir más de 10.000 euros en premios. Cada fin de semana póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra.
Os gañadores dos premios de 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados Beiras de Viveiro foron: Marisol Herbón, Rocío Piñón, Rogelio Campos, Ana Berta Díaz e Tatiana Gómez. Tres dos afortunados son de Covas e dous de Cantarrana. Con 200 euros resultou premiada Marisol Herbón, de Covas. E con 300 euros Tatiana Gómez, de Cantarrana. O premio de 500 euros en vales de compra foi para José Ramón Soto, de Viveiro.
Os premios foron entregados por directivos da asociación Beiras de Viveiro.
O seguinte sorteo desta importante campaña da FCAM terá lugar en Burela o 6 de outubro; seguirán en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. Os sorteos continuarán en Xove o 3 de novembro e rematarán o 10 de novembro en O Vicedo.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



