Barreiros 29-9-18. Aquí estamos unha semana mais, e como sabedes acordamos pasar as mobilizacións para os venres. Venres reivindicativos pois, coma os venres negros das traballadoras e traballadores da radio e a televisión galegas que se oponen á manipulación informativa á que os obliga Feijóo.
Nós seguimos aquí ininterrumpidamente, semana tras semana, desde o mes de marzo, esperando cada semana algunha resposta ás nosas demandas. O famoso Pacto de Toledo (que é a comisión parlamentaria que estudia o tema das pensións) reúnese tamén todas as semanas pero sen ningún avance significativo. Eles califican coma un avance o acordo acadado entontes, que é o seguinte: “recomendar ao Goberno a revalorización das pensións en función do IPC”. Falamos de “recomedacións” porque son efectivamente eso, recomendacións ao Goberno, porque a comisión parlamentaria do Pacto de Toledo non é quen aplica as medidas, xa que eso correspóndelle ao Goberno do Estado.
E agardaremos entonces, loitando mentras tanto, a ver que medidas adoptan, porque o informe de previsións da Comisión Europea dice que o Estado Español é o estado da Unión Europea que mais vai recortar as pensións ata 2060 co cal a Seguridade Social podería pasar de pagar pensións medias do 82% do último salario a pagar pensións medias dun 49,7% do último salario. Polo tanto, se se dá este escenario, un xubilad@ convertiríase directamente nun pobre ao convertirse en pensionista, se como a gran maioría non dispón doutra fonte de ingreso, a súa primeira pensión sería de 600€.
E ainda que nós nos solidarizamos con todos os pensionistas do estado, queremos facer fincapé en que a nosa situación aquí en Galicia pouco tén que ver cos pensionistas de Madrid ou de Euskadi, por exemplo, donde a realidade económica é totalmente distinta, polo tanto moitas das medidas que se vaian adoptar no tema das pensións poden beneficiarnos menos ca outras comunidades se non se tén en conta a nosa realidade económica, demográfica e laboral, porque as nosas pensións siguen sendo as segundas mais baixas do Estado e mais da metade delas son inferiores a 677€ e unha de cada dez, inferiores a 415€.
E temos tamén outro exemplo de desigualdade nas pensionistas galegas que cobran a viuvez, pois foron as menos beneficiadas pola suba aplicada xa que só unha de cada dez viu incrementada a súa pensión. As mulleres que cobran complemento a mínimos por non chegar á contía mínima, que en Galicia son a maioría, viron reducida a cantidade dese complemento na mesma medida en que subía a pensión, polo que na práctica, non se producíu suba para estas pensionistas.
Nós seguimos decindo que unha suba parcial das pensións non soluciona nin garante un Sistema Público de Pensións forte nin vai facer que deixemos de mobilizarnos. Só medidas de creación de emprego estable en condicións dignas e con salarios xustos conseguirán dotar de recursos suficientes o Sistema Público de Pensións, o de agora e o de mañá.
Por eso hai que seguir defendendo esta táboa reivindicativa:
-derrogación das reformas laborais
-aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
-pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
-recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos
-establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC
-blindaxe do sistema público de pensións
-pensións dignas e con poder adquisitivo
Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



