Ribadeo, 13 de setembro de 2018. A Concellaría de Deportes abrirá o prazo de matrícula nas Escolas Deportivas Municipais de Inverno o vindeiro luns, 17 de setembro. As inscricións poden facerse ata o día 28 deste mes e a oferta desta tempada abrangue 13 modalidades deportivas. Son: fútbol, fútbol sala, patinaxe, natación, tenis, baloncesto, ximnasia rítmica, pádel, atletismo, tenis de mesa, hoquei liña, rugby e xadrez.
A cota por escola é de 60 euros. O pagamento da taxa deberá facerse efectiva na conta corrente do Concello, na entidade Caixa Rural, ata o 15 de outubro. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude.
Os participantes serán nenas/os nadas/os desde 2005 ata 2014, ambos incluídos. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o día 2 de outubro, tendo preferencia as/os empadroadas/os ou escolarizadas/os en Ribadeo. No caso de baixa continuada ocuparía a praza o primeiro reserva.
As inscricións deben facerse na Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero, 15, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, e martes e xoves de 16:00 a 19:00 horas.
A data de inicio das escolas será do 17 de setembro ao 15 de outubro e o remate da actividade irá do 15 de maio ao 15 de xuño.
As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 129 889, en deportes@ribadeo.org, e en www.facebook.com/deportesribadeo.
As Escolas Deportivas Municipais de Inverno do Concello de Ribadeo contan coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e da OMIX.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
