Mondoñedo 13, setembro, 2018. Os deputados do PPdeG da Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandeiría e Montes no Parlamento de Galicia, Daniel Vega, Moisés Blanco e José González Váquez, acompañados da presidenta Provincial e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, coñeceron este xoves o traballo realizado para impulsar a produción hortícola do municipio. Así, a rexedora explicou aos parlamentarios o proceso iniciado pola entidade local para a creación do rexistro da marca Horta de Mondoñedo, e destinada a indentificar e garantir a orixe dos produtos mindonienses.
“Pór en marcha un distintivo diferenciador é pór en valor este produtos, aportándolles valor engadido á hora da súa comercialización. Por este motivo, valoramos moi positivamente a iniciativa do Concello”, destacaron ao longo da visita os populares.
Pola súa banda, Elena Candia agradeceu aos tres deputados que se achegasen ata a localidade para coñecer este proxecto, co que, indicou, “queremos dar un pulo ás explotacións que hai no noso concello, sen que isto supoña ademais ningún custo para elas porque é un trámite gratuíto e que asumimos dende o Concello”.
Mondoñedo, lugar de tradición hortícola
Mondoñedo é un lugar de tradición hortícola que, nos últimos anos, viviu un despunte na produción coa incorporación ao sector de xente nova e a posta en marcha de novos proxectos que se consolidan aumentan de tamaño. Os cultivos son produtos que chegan ao mercado antes que os doutras zonas polas características climáticas, distinguidas por ser temperaturas suaves e humidade constante, así como pola calidade do chan.
Trátase, por tanto, segundo destaca Elena Candia, “dunha iniciativa semellante á doutros sectores como pode ser o da carne, con marcas de calidade, que nos permitirá unha maior promoción dos nosos cultivos, pero tamén será unha oportunidade para o desenvolvemento da economía local”.
Este distintivo permite a identificación inequívoca da orixe do produto, axudando con elo a desincentivar o uso da denominación por parte doutras persoas non autorizadas, o que supón unha maior proteción para os consumidores.
Baixo a marca Horta de Mondoñedo, os produtores locais poderán comercializar os distintos cultivos producidos no municipio, que conta cun deseño e un logo rexistrados que figurarán en caixas e embalaxes, así como no etiquetado dos propios prodctos, polo que servirá de marca comercial para aqueles produtores que non contan cunha marca e un distintivo propio.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



