Ribadeo, 9 de setembro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo, César Fernández Murias, denunciou este domingo “a mala xestión do Alcalde e do equipo de goberno co servizo de recollida de lixo, pois os contedores amarelos e o punto limpo do Concello levan máis de 3 días sen ser atendidos pola empresa concesionaria do servizo, acumulando desperdicios e ocasionando malos cheiros. Este problema agrávase porque estamos en plenas festas patronais, ofrecendo unha pésima imaxe do municipio a todas as persoas que nos visitan durante estas datas. Por estes motivos e tralas numerosas queixas veciñais solicitamos de forma urxente a retirada do lixo”.
Fernández Murias criticou “a irresponsabilidade do Alcalde que sabía perfectamente que isto podía acontecer porque a empresa comunicoulle hai tempo que ían deixar de prestar este servizo por problemas económicos. E cal foi a súa solución para reverter esta situación? Non facer absolutamente nada”.
“A falta de previsión e o deixamento do Goberno do BNG prexudica a todos os ribadenses que están pagando por unha prestación pública que non se realiza. O Alcalde debe responsabilizarse e preocuparse polas necesidades dos veciños de Ribadeo e non botarlle a culpa a empresa que xestionaba a recollida de lixo. Ribadeo debe amosar aos turistas e a todos os nosos visitantes un imaxe coidada, limpa e ordenada pero por desgraza os contedores da nosa vila reflicten todo o contrario”.
O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo destacou que “dende o PSOE, como partido que representa aos veciños e defende sempre os intereses veciñais por riba de todo, seguiremos denunciando este maltrato que están a sufrir os ribadenses por parte do Alcalde”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



