Burela a 3 outubro de 2018. A CIG-Saúde denuncia que a sala de Radioloxía de Urxencias do Hospital da Mariña está avariada dende o día 15 de setembro e a día de hoxe continúa sen funcionar. A esta eiva engádese que o único TAC do centro hospitalario tamén se atopa avariado e que a Sala 2 de Radioloxía non está operativa ao cen por cen. Un cúmulo de problemas que se suman aos xa habituais no hospital a causa da progresiva perda de servizos sanitarios.
Dende a central nacionalista advírtese das negativas consecuencias destas avarías, que por unha parte supoñen unha sobrecarga para os/as profesionais do centro e pola outra conlevan un grave inconveniente para os usuarios e usuarias polos atrasos nos resultados das probas radiolóxicas para a diagnose.
Ocupación ao cen por cen
Isto ocorre, denuncian, nun momento no que o centro mariñao se atopa cunha ocupación do cen por cen, con todas as camas ocupadas e tendo que ingresar pacientes adultos na unidade de pediatría por falta de camas.
Dende a central nacionalista esíxenlle á Xerencia do Hospital da Mariña que cumpra coas súas obrigas e solucione este cúmulo de avarías nos aparellos de radioloxía para garantir unha atención de calidade. CIG-Saúde pregúntalle tamén aos/ás responsábeis do PP na comarca se estes son os “máis e mellores” servizos anunciados para o Hospital da Mariña.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



