Foz 29-10-18. Marcelino Villarino Cageao afirmou “ o compromiso da asociación por manter a programación estábel que vimos desenvolvendo con carácter periódico ao longo do ano, entre os que destacamos as xornadas de historia Local, camiño xa dos vinte anos, o Touporroutou, outra actividade clásica do Antroido local, as xornadas de arte, a Festa da Palabra, as presentacións de libros ou as diversas palestras sobre temas de actualidade. Ao tempo, queremos potenciar a labor que os diversos grupos que traballan dentro da asociación veñen desenvolvendo, como o club de lectura, A Pombiña, o noso club de lectura infantil dirixido a poñer en contacto ás nenas e nenos coa literatura en lingua galega ou o grupo de teatro que prepara o estreo dunha nova obra para o quince de decembro no que significa a volta aos escenarios dun colectivo que fixo as súas primeiras actuacións á volta do 2001”.
O presidente da asociación cultural A Pomba do Arco adiantou que “ a asociación prepara para o ano que ven novas actividades, onde a conmemoración do trinta aniversario vai xogar un papel importante. A actividade continuada ao longo destas últimas tres décadas é posíbel porque unha parte da nosa sociedade está empeñada en que Foz conte cunha acción cultural estábel comprometida coa cultura e coa lingua do país, como se acredita na resposta dos nosos eventos e en toda a masa social que participa do noso colectivo como adherente. A continuidade da asociación, cando menos outros trinta anos máis, será posíbel na medida que máis persoas se acheguen á nosa actividade, sendo fundamental a incorporación dunha nova xeración ao colectivo que introduza novas ideas e propostas”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



