Lugo, 29 de outubro de 2018. O voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, anunciou a presentación dunha petición formal para que se proceda á retirada dos retratos de presidentes franquistas desta insitución. Ferreiro lembrou que “está neste momento en vigor a chamada Lei de Memoria Histórica de obrigado cumprimento para todas as administracións” e explicou “aínda coas evidentes eivas democráticas que claramente teñen as deputacións, tanto na súa formación como no seu funcionamento, estas tamén están obrigadas ao seu cumprimento”.
Nos corredores da planta baixa da Deputación de Lugo están habitualmente colgados os retratos dos presidentes da Deputación. Neste momento os cadros foron retirados para a súa recolocación unha vez estén feitos os das dúas últimas persoas que ostentaron a presidencia da institución nos últimos anos. Xosé Ferreiro sinalou que “este é o momento de facelo, unha vez que foron retirados dos corredores da Deputación, e así cumprir a Lei de Memoría Histórica que impulsara o propio PSOE”.
Ferreiro incidiu en que “grazas ao traballo do BNG fóronse eliminando os símbolos franquistas na cidade e tamén se mudaron os nomes dos rueiros que incumprían a Lei de Memoria Histórica” e engadiu “por eso seguimos traballando e avanzando na eliminación de vestixios da ditadura”. “As accións en relación á memoría histórica non van dirixidas ao pasado se non ao futuro, agora que vemos un avance da ultradereita” dixo Ferreiro























A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



