A ofensiva política e mediática despregada polas patronais CEOE e CEG, descaradamente apadriñada nestas últimas semanas, primeiro por Rueda e despois por Núñez Feijóo, ao respecto do denominado “absentismo laboral” constitúe un exercicio de cinismo analítico e de perversión xurídica que non se ten de pe fronte ao mínimo rigor estatístico. Cualificar de “cáncer” ou de “fraude” as ausencias xustificadas por incapacidade temporal (IT), como fixo sen pudor o líder estatal do PP é unha estratexia para criminalizar ás persoas traballadoras desviando a atención do verdadeiro problema estrutural: a demolición programada da nosa sanidade pública, singularmente da Atención Primaria, desenvolvida na Galicia por estes dezasete anos de gobernos de Feijóo e Rueda. Política común a moitos outros territorios con ampla traxectoria de gobernos de dereita, como é o caso da rexión de Madrid.
As evidencias oficiais de xullo son teimudas e desmenten de raíz a liña discursiva do empresariado institucional (que nin na Galicia nin no estado representa ao mundo empresarial no seu conxunto e moito menos ás pemes). Segundo as series do INE, máis do 77% das ausencias contabilizadas corresponden estritamente a baixas médicas validadas por facultativos. Non estamos, xa que logo, diante dunha fraude significativa, senón diante de cidadáns enfermos, titulares dun dereito á saúde protexido polo Estado social. Pretender que a IT supón un porque a negociación colectiva garante o cobro do salario íntegro é un ataque directo á liberdade sindical que busca abaratar o custo do despedimento e precarizar as relacións laborais.
O noso país amosa unha taxa de absentismo elevada (8,4%) e unha duración media das baixas que supera os 83 días, duplicando a media estatal. Pero cal é a causa? As análises indocumentadas da dereita ignoran deliberadamente o envellecemento dunha poboación activa concentrada en sectores de altísimo desgaste físico, como a industria naval, a automoción e o sector servizos. Xa non falemos das IT vencelladas á saúde mental, cunha duración media de 75 días por mor da falla de atención temperá da primaria e o bloqueo das listas de agarda para as consultas de psiquiatría e psicoloxía. Saúde mental e IT por doenzas músculo-esqueléticas; velaí o 61% das IT na Galicia. Fraude por absentismo? Fraude da dirección política e empresarial da sanidade pública galega polo seu naufraxio asistencial. E, tamén, da administración estatal da Seguridade Social operante neste país por non resolver a xeito e no seu tempo milleiros de supostos de incapacidade laboral permanente, quer total, quer absoluta.
Se acudimos aos datos de Eurostat, desmóntase por completo o mito da indolencia galega: economías do centro e norte de Europa, como Alemaña ou Francia, rexistran sistematicamente taxas de ausencia superiores ás do noso tecido produtivo, asumidas con normalidade grazas a modelos de xestión flexíbeis e sen a estigmatización punitiva que aquí se pretende instaurar.
A clave do diferencial galego non reside nun desaxuste ético dos operarios, senón no colapso burocrático e asistencial do SERGAS A incapacidade temporal convértese nun tempo morto artificial porque as listas de espera para unha proba diagnóstica, unha cirurxía ortopédica ou a precisa atención psiquiátrica e psicolóxica demóranse de xeito abusivo. As persoas traballadoras afectas á IT (agás algúns supostos concretos pouco importantes cuantitativamente) queren volver á súa actividade recuperadas a xeito, mais sofren dunha agarda forzosa de meses imposta pola sanidade pública galega. A xestión do PP en Galicia e naqueles territorios onde goberna fixo da Primaria un ermo de persoal e recursos. Culpar aos doentes do colapso que os seus propios recortes é unha actitude política inaceptábel por cínica e irresponsábel.
A última xenialidade da Xunta de Rueda, ofrecendo pluses de até 2.500 € aos médicos de familia que acurten administrativamente as baixas subordinándoas a unhas supostas “duracións estándar”, é a constatación empírica deste irresponsábel cinismo político. Presionar economicamente o criterio clínico dos facultativos para maquillar as estatísticas empresariais vulnera a deontoloxía médica e pon en risco a saúde pública.
O absentismo por enfermidade combátese investindo na sanidade pública, axilizando as listas de agarda e dignificando as condicións de traballo. Todo o demais é propaganda destinada a agochar o esfarelamento da sanidade pública, xerando, asemade, división social e criminalización colectiva.























Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que serán os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.



