Antonio Ameijide lamentou o rexeitamento sistemático do goberno provincial a ampliar este Museo, que conta con máis de 25.000 visitantes anuais, e así poñer en valor “todas as pezas históricas que permenecen almacenadas nun contenedor”
Lugo, 7 de xullo de 2026. Os deputados Grupo Provincial Popular instan a PSOE e BNG a que “recapaciten” na súa postura de bloqueo continuo e estuden e impulsen a ampliación e posta en valor do Museo do Mar de Cervo.
Así o expuxeron os deputados Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro, que mantiveron un encontro coa alcaldesa de Cervo, Dolores García, durante a que abordaron a postura adoptada polo goberno provincial e os próximos pasos a dar no caso de que PSOE e BNG “sigan nunha postura de pasividade absoluta”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, pide a Carmela López que “teñan altura de miras e un compromiso real”, deixando de lado as estratexias partidistas para sacar adiante un proxecto que dinamizaría cultural e turisticamente tanto o concello cervense coma toda a comarca da Mariña.
Antonio Ameijide destaca que este museo constitúe un piar e un referente absoluto e singular, ao ser o único de toda a provincia de Lugo centrado de forma exclusiva en preservar e divulgar o legado do noso patrimonio mariñeiro. “O incremento constante de pezas, maquetas e valiosos fondos documentais ao longo dos anos xustifica plenamente a necesidade de dotalo de maior espazo e duns recursos óptimos para a súa correcta catalogación, conservación e exhibición pública”, afirmou.
O voceiro popular recorda a “falta de sensibilidade” que PSOE e BNG demostraron nos últimos anos con este museo. “Agora, negándose a impulsalo despois do esforzo realizado polo Concello de Cervo pon de manifesto como non teñen intención algunha de poñer en valor toda a historia que permanecer gardada, privada do espazo axeitado que por xustiza e valía merece”, lamentou.
Dende o Grupo Provincial Popular reiteran o seu desexo de que o goberno provincial reconsidere a súa postura e colabore de maneira construtiva coas propostas de mellora e desenvolvemento para o Museo do Mar.
Cómpre recordar que o Grupo Provincial Popular logrou aprobar, no pleno da semana pasada, a súa iniciativa para que a Deputación de Lugo responda ao Concello de Cervo sobre a súa proposta para a ampliación do Museo Provincial do Mar, situado en San Cibrao a pesar de que PSOE e BNG non apoiaron a proposta ao absterse na votación.
O Concello de Cervo trasladaou recentemente esta petición á Deputación de Lugo para responder a un compromiso existente. Incluso o Concello se ofreceu a ceder os terreos, unha vez que ten rematados os trámites administrativos e urbanísticos e telos incorporado ao patrimonio municipal para que, a contiación, sexa a Deputación de Lugo a que asuma a ampliación e xestión da mesma, do mesmo xeito que xestiona o actual dentro da Rede Museística Provincial.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



