Barreiros, 16 de xullo de 2026. Este domingo, 19 de xullo, Barreiros acollerá a duodécima edición da carreira popular 1/2 km Vertical Monte Comado, un evento deportivo singular que xa conta con máis de 150 persoas inscritas para esta edición.
A proba está organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado en colaboración co Concello de Barreiros, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Agrupación de Protección Civil de Barreiros. A carreira forma parte do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros que organiza o Concello de Barreiros sendo esta a terceira proba das cinco que o compoñen nesta edición 2026.
A presentación da xornada deportiva tivo lugar na aba de Comado coa presenza da alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, do xefe provincial de deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, e do concelleiro de dinamización, Dani García, xunto con membros da asociación Praias de Comado.
A alcaldesa Ana Ermida destacou que “seguimos apostando por actividades que, ademais de fomentar hábitos de vida saudables, contribúen a facer comunidade e a dar a coñecer os espazos máis singulares do noso municipio. A 1/2 km Vertical Monte Comado é unha mostra do importante papel que desempeñen as asociacións na dinamización de Barreiros e de como a colaboración entre administración e tecido asociativo permite consolidar proxectos que medran edición tras edición”.
O concelleiro de dinamización, Dani García, sinala que “o feito de estar integrada no circuíto +KmsBarreiros dálle a cada proba unha identidade común, respectando ao mesmo tempo as características que fan única cada carreira. Esta fórmula permite consolidar un calendario deportivo variado e seguir impulsando a participación ao longo de todo o ano”.
As competicións darán comezo ás 10:30 horas co Trail infantil no entorno de A Roda, subindo dende as escolas de Reinante. Posteriormente, ás 11:30 horas, dará comezo a carreira absoluta coa saída a nivel do mar desde a praia de Arealonga e meta no cumio do Monte Comado. A distancia é de aproximadamente 4 quilómetros salvando un desnivel positivo de 490 metros que se atopa maiormente na última parte, o que lle dá nome á carreira.
A inscrición segue aberta ata o 16 de xullo ás 23:59 horas a través de maiskmsbarreiros.gal e ccnorte.com, cun custo de 10 euros. O día da proba, se quedan dorsais, o prezo será de 15 euros. O trail infantil é de balde.
Na carreira absoluta o vencedor e a vencedora individual e o primeiro club clasificado conseguirán un lote de produtos de porco celta grazas á colaboración de Asoporcel co Circuíto +KmsBarreiros.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



