Alfoz, 16 de xullo, 2026. O Concello de Alfoz deu a coñecer o programa e o mapa oficial do XXVI Mercado Medieval, unha das citas culturais máis destacadas da Mariña, que terá lugar na noite do venres 17 e durante toda a xornada do sábado 18 de xullo de 2026 no entorno da Torre Fortaleza do Castro do Ouro.
A nova edición inclúe unha ampla programación de actividades, recreacións históricas, música, animación e gastronomía, ademais dun mapa renovado cos principais espazos do evento, entre eles a Torre Fortaleza, o Mesón da Torre, a Veiga dos Treidores, a Congostra das Meigas, a Aira de María, a Rúa dos Oficios ou o Eido dos Artesáns, entre outros puntos sinalados.
O Mercado Medieval deste ano rende tamén homenaxe ao dramaturgo Manuel Lourenzo, fonte de inspiración do evento, recuperando fragmentos da súa obra A noite dos cabaleiros como parte da identidade cultural desta celebración.
Programa
Venres 17 de xullo – Noite da Véspera
A partir das 22:00 horas, o Mariscal dará a benvida a veciños e visitantes e abrirá as portas da Torre. A noite incluirá a tradicional Cerna da Istoria, danzas medievais, vodas oficiadas por D. Fadrique de Guzmán e música a cargo de Xaramolos.
Sábado 18 de xullo – Día do Mercado
A xornada comezará cun roteiro guiado “A sombra das lendas”, seguido do desfile inaugural e o pregón. Haberá nomeamentos de escudeiros, espectáculos de títeres, demostracións de cetrería, animación, xogos tradicionais, torneos, actividades para nenos e a esperada Gran Cea Medieval, que se celebrará ás 21:30 horas con prato e cunca conmemorativos.
Durante todo o día, o público poderá gozar de demostracións de oficios tradicionais, obradoiros, xogos e actuacións itinerantes de música, animación e maxia. Os tickets para a cea poderán adquirirse na Torre Fortaleza a un prezo de 18 euros por persoa.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



