Xove, 16 de xullo, 2026. A Asociación de Festexos A Medorra organiza un ano máis a XIII Festa do Percebe, unha celebración xa consolidada no calendario estival do municipio, que terá lugar o vindeiro sábado 18 de xullo na praza do Centro Cívico de Xove.
A xornada comezará ás 12:00 horas co acto inaugural e o pregón, que nesta edición será pronunciado pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, encargada de abrir oficialmente unha festa dedicada á exaltación dun dos produtos máis apreciados e emblemáticos da nosa costa.
Ao longo do día, veciños e visitantes poderán degustar percebe de excelente calidade, procedente das costas xovenses, recoñecido polo seu sabor extraordinario e pola súa frescura. O percebe converterase, unha vez máis, no gran protagonista gastronómico do verán mariñán.
O ambiente festivo estará garantido coa animación musical de Os Charangos de Neda e do grupo de cantos de taberna Espera que vou mexar, que percorrerán o recinto enchendo a celebración de música, alegría e bo ambiente.
A comisión organizadora busca poñer en valor un produto tan emblemático como o percebe e convida a toda a veciñanza e ás persoas que visiten Xove esa fin de semana a participar na festa, degustar un dos mellores percebes das nosas costas e desfrutar dunha xornada marcada pola boa gastronomía, a música e a convivencia.
A XIII Festa do Percebe será, unha vez máis, unha excelente oportunidade para promocionar a riqueza mariñeira e gastronómica do noso litoral e para vivir unha xornada festiva na que Xove volverá ser punto de encontro para todos os amantes da boa mesa e das tradicións.





















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



