Pablo Díaz critica que o Concello difundise o 16 de xullo unha resolución que fixaba para o día 8 as probas de selección do persoal
Abadín, 17 de xullo de 2026. O PSdeG de Abadín denunciou hoxe que o Goberno local do Partido Popular publicou este xoves 16 de xullo, un día despois da denuncia pública realizada pola formación socialista sobre a falta de brigada contra incendios, unha información relativa ao proceso de selección na que se anunciaban unhas probas que se celebrarían o mércores 8 de xullo, oito días antes da súa difusión.
“Publican o 16 de xullo unha información que anunciaba unhas probas para o día 8. Onde estaba cando tocaba? Non difundiron as listaxes, os prazos e as datas nas redes municipais cando eran útiles para as persoas aspirantes, e agora saen con este ridículo”, censurou o voceiro socialista, Pablo Díaz.
Díaz considera “especialmente grave” que a publicación se producise ao día seguinte de que o PSdeG denunciase nos medios de comunicación que Abadín afrontaba outro ano máis a época de maior risco de incendios sen brigada municipal. “Non é casualidade. “Saen agora a publicar isto despois de que nós denunciásemos nos medios de comunicación que Abadín quedaba outro ano máis sen brigada. Non é casualidade. Quitan o foco e fan como que se fixo todo ben. Pero non, a información estaba oculta ata que saltou a denuncia pública”.
“Isto é de traca. Non é un simple erro, é unha falta de respecto á veciñanza e ás persoas aspirantes. Mentres outros concellos xa teñen as súas brigadas traballando, en Abadín seguen dando pésimos espectáculos. Se o proceso se fixese a tempo, igual hoxe teriamos brigada, pero prefiren facer as cousas tarde, mal e a rastro”, afirmou.
As e os socialistas censuran tamén que o Concello destine 420 euros á administración da súa páxina de Facebook para acabar publicando información “cando xa perdeu toda utilidade para a veciñanza e para as persoas interesadas no proceso”.
O PSdeG reclama ao alcalde explicacións públicas sobre o desenvolvemento do proceso, sobre as datas reais de publicación das listaxes e das probas e sobre a situación actual da brigada municipal.
“Non nos poden tomar por parvos. Estamos falando dun servizo esencial para protexer as persoas, as vivendas e o noso territorio. Esiximos responsabilidades xa”, concluíu Díaz.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



