Burela, 17 de xullo, 2026. O Reyco Burela FS reforza o seu proxecto coa renovación da alianza tecnolóxica con CLUBER e a incorporación de Influence Quality (iQ) como nova marca deportiva da Familia Laranxa. O contrato entre as tres entidades formalizouse esta mañá na sede de CLUBER, na Coruña, coa presenza do presidente do club burelista, José Luis Sáez, o CEO de CLUBER, Diego López, e o cofundador de iQ Breogán Blanco.
O acordo terá unha duración de tres anos, coincidindo co período de xestión da actual presidencia e xunta directiva, consolidando unha aposta estratéxica por empresas galegas que comparten os valores de innovación, profesionalidade e compromiso co deporte.
Durante o acto, José Luis Sáez destacou a importancia de fortalecer os vínculos con compañías da comunidade e agradeceu a confianza depositada no proxecto laranxa. “Para nós é unha satisfacción contar con empresas galegas que cren no noso proxecto e nos acompañan neste momento. Estamos demostrando avances na remontada do club e esta confianza supón un impulso moi importante para seguir medrando con estabilidade e ambición”, sinalou o presidente burelista.
Por parte de iQ, unha marca deportiva 100% galega que leva apostando máis de dous anos polos clubs e deportistas galegos, Breogán Blanco mostrouse confiado por “unha alianza que afianza o vínculo da marca con Galicia e un dos clubs máis representativos da nosa comunidade e país”, recalcando que “o apoio de iQ ao club será transversal”.
Apoio que desde CLUBER, outra empresa de renome en Galicia e un crecemento exponencial estes últimos anos, amosou Diego López, remarcando de xeito paralelo o traballo conxunto das tres partes para “volver ver o Reyco Burela onde lle corresponde historicamente”.
CLUBER continuará sendo o socio tecnolóxico do Reyco Burela FS, un labor que desenvolve desde 2023 e que permitiu profesionalizar e optimizar a xestión da entidade a través das súas solucións dixitais, converténdose nunha ferramenta clave para o funcionamento diario do club.
Como principal novidade, Influence Quality (iQ) incorpórase como marca deportiva oficial do Reyco Burela FS. A firma herculina será a encargada de vestir a toda a Familia Laranxa, achegando prendas que combinan calidade, comodidade e deseño. O acordo abrangue tanto as preto de 200 xoias da Escola Imdecum Burela FS como os primeiros equipos masculino e feminino, de Segunda División.
Con esta dobre alianza, o Reyco Burela FS continúa fortalecendo a súa estrutura e reafirma a súa aposta por rodearse de socios estratéxicos que contribúan ao crecemento deportivo e institucional do club, impulsando un proxecto sólido, profesional e con marcado selo galego.























Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



