O volume recolle o traballo realizado por Xurxo Lorenzo, Javi Fouz, Andrés G. Doural, Miguel Chao e Magdalena Domenech arredor desta infraestrutura que comezou a construírse en marzo de 1726
Mondoñedo, 17 de xullo de 2026. Esta tarde presentouse en Mondoñedo o libro “Enxeñería hidraúlica do século XVIII na cidade de Mondoñedo”, editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación.
O volume recolle o traballo realizado por Xurxo Lorenzo, Javi Fouz, Andrés G. Doural, Miguel Chao e Magdalena Domenech arredor da traída histórica, unha infraestrutura que comezou a construírse en marzo de 1726 e que canalizou a auga ata Mondoñedo ata os anos vinte do 1928.
O libro explica o proceso histórico de e construción da traída, concebida inicialmente para abastecer edificios relixiosos e fontes públicas na vila, e describe de forma pormenorizada con mapas e recursos topográgicos os elementos desta infraestrutura que perduran, entre eles, as galerías polas que se conducía a rede, alxibes e decantadores.
Na presentación, o deputado Daniel García explicou a labor editorial da área do Servizo de Publicacións e destacou o interese documental do libro que “permite achegarse a esta obra de enxeñería, que supuxo un reto técnico para a época, desde unha perspectiva histórica e patrimonial”.
Neste sentido, o responsable provincial destacou “a importancia deste traballo editorial para poñer en valor este patrimonio” para o que os autores reivindicaron “unha figura de protección”
O libro incorpora un mapa histórico do percorrido da traída e propón varios roteiros de sendeirismo para visitala.























Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



