Burela, 5 de outubro de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, estivo a primeira hora desta mañá no porto para acompañar á familia do mariñeiro falecido en alta mar hai uns días. Ao peirao chegou o seu cadáver hoxe e foi trasladado ao HULA, en Lugo, para practicarlle a autopsia. Llano fai unha chamada de atención para que este servizo se preste de novo no Hospital da Costa, co fin de evitar esperas innecesarias ás familias.
O rexedor contou que “acabo de regresar do porto de Burela onde recibimos o cadáver dun veciño da comarca que traballaba nun barco e que faleceu en alta mar, derivado aparentemente do que foi un infarto de miocardio. Estábamos todos afectados como é lóxico, ademais a familia e a xente do mar sinte dunha forma especial estes falecementos”.
Alfredo Llano engadiu que “como digo sempre que ocorre algo así este servizo de autopsias debera seguir en Burela, dado que agora mesmo ten que marchar para Lugo, a familia ten que agardar, temos que enviar un vehículo a Lugo e traelo outra vez para aquí. En consecuencia creo que é unha mala xestión dos servizos sanitarios porque hai que ter en conta á familia e o lugar onde estamos”.
O alcalde burelés lembrou que “o servizo de autopsias fora recuperado no ano 2007-2008 co goberno de Touriño e chegou no 2009 outra vez o Partido Popular e retirou este servizo, que eu creo que se debera manter na nosa comarca polas condicións que aquí se poden dar como xa se está vendo. É certo que son desgrazas, pero cada vez que veñen é cando se nota esta falta de servizo que debéramos ter na Mariña”.
Llano fai fincapé en que “unha vez máis reclamo este servizo porque penso que non debera ser xa substituído nin sacado. É unha chamada de atención porque evidentemente repercute na familia, no servizo e en moitas cuestións. Hai que pensar que na Mariña somos 75.000 habitantes e existe unha serie de casuística que dalgunha maneira obriga a ter este servizo aquí, dado que hai moita industria, moita embarcación, moito tránsito, etc… polo tanto nosoutros unha vez máis reclamamos este servizo que non se debera ter sacado nunca do Hospital de Burela”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



