Ribadeo, 4 de outubro de 2018. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) fai un balance moi positivo das actividades da Semana Europea da FP que se desenvolveron estes días en Ribadeo e tamén en Viveiro. Ribadeo converteuse nun referente en Galicia na organización deste programa. Ata aquí se desprazou un profesor danés que impartiu charlas e participou en talleres de carrocería.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, cre que “o balance foi positivo e as actividades se desenvolveron segundo o previsto, tanto nos centros Porta da Auga en Ribadeo como María Sarmiento en Viveiro, xa que tiveron unha gran afluencia de público. As visitas ás empresas tamén foron ben. O profesor danés invitado este ano marchou esta mañá moi contento e co plan de preparar un proxecto conxunto con APAGA. Eles están neste momento nunha situación de cambio porque están facendo un novo centro, moi grande e con residencia de estudantes. Vai ocupar unha superficie dunhas corenta hectáreas. Estes días foron proveitosos tanto para os centros como para as empresas. Esta semana é un punto de partida”.
Doural subliñou que “se miramos no mapa que hai a nivel europeo, hai un punto do estado español que é Ribadeo, o único sitio neste momento en Galicia no que se fixeron actividades da Semana Europea da FP. Penso que é un dos obxectivos que nós nos prantexamos, ademais do tema técnico, axudar á divulgación da Mariña. Este profesor tivo a posibilidade de visitar Ribadeo, Mondoñedo e toda unha serie de empresas tanto aquí como na zona de Asturias. Estamos moi satisfeitos porque por parte dos centros houbo unha excelente colaboración, e con ganas de seguir para o ano con outra actividade deste tipo invitando a outros profesores doutro país”.
O presidente de APAGA anunciou que “se está a traballar nos programas das fins de semana, dos sábados tecnolóxicos, e se van empezar a organizar proxectos para este curso 2018-2019. Hai un que se vai realizar en Eslovaquia e para o que haberá unha xuntanza os días 14 e 15 de novembro. Ademais unido cos 21 centros do consorcio imos planificar o traballo, dado que este ano se nos aprobou a carta de mobilidade de FP que supón que durante cinco anos xa non temos que presentar proxectos senón que faremos as nosas peticións. Isto é un recoñecemento ao traballo feito e a valoración dos proxectos que se fixeron ata o de agora. Estamos facendo bastantes actividades, pero loitando co tempo que sempre é necesario e coa parte económica”.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



