Este sábado día 6, novamente mobilización en Ribadeo, como todos os primeiros de mes. Para os xubilados que pensen que coas últimas declaracións dos representantes do Pacto de Toledo, xa se teñen acadado os obxectivos, nada máis lonxe da realidade.
O IPC segue sendo algo irrenunciabel e até agora non está asegurado ao igual que a mellora das pensións mínimas dignas. Demándase que o mesmo diñeiro que apareceu para rescatar aos banco nos tempos de crise, teñen, poden e deben aparecer para atender as reivindicacións dos xuvilados. A cita ás 12 diante do Concello de Ribadeo.




















Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



