Nos 75 minutos de representación, o público achegarase a unha historia de historias de mulleres que viviron a guerra e a posguerra; historias que fan reflexionar a través do humor e convida a lembrar. A entrada é de balde. A obra está inserida no programa provincial de apoio ao teatro afeccionado, Buxiganga, da Deputación e está organizada pola Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora. Nordés.
